Nota íntegra da ACP sobre a non colocación do mobiliario nas rúas centrais de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O goberno anterior de Pontecesures deixou solicitada unha subvención á Consellería de Economía e Industria de 3.527 que é o 75% do subministro de bancos, xardiñeiras e papeleiras para as rúas contrais de Pontecesures (Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García) onde se atopa fundamentalmente o comercio da vila.

Con satisfación recibimos a nova de que a subvención fora concedida e así o actual goberno adxudicou o subministro de dez bancos, once papeleiras e nove xardiñeiras por un importe total de 4.651,21 euros cantidade na que se incluía a subvención. Na Xunta de Goberno Local de 14/10/11 xustificouse a recepción do subministro, pero ata o de agora o mobiliario non está colocado nas rúas.

Non entendemos como o goberno local despois de case dous meses da chegada do material, non da as ordes para colocalo. Non sabemos a que espera.

Dende logo por moito que trate de potenciarse dende o concello a Mesa do Comercio Local, con este tipo de desidia e despreocupación por mellorar as rúas comerciais, o goberno de Pontecesures parece que persegue xustamente o contrario.

A precocupación da ACP vai en aumento en canto ao que ocorre, neste caso, nas rúas centrais do municipio. O alumeado do monumento ao Coche de Pedra sen funcionar hai días, do alumeado de Nadal nada se sabe, as obras de canalización dos gas non rematan nunca e temos unha zona estreita e valada na rúa Sagasta dende hai tempo con perigo para a circulación e agora o comentado sobre o mobiliario urbano. Vaia xeito de dinamizar o comercio local por parte da alcaldía e da concellería de obras de Ángel Souto.

Pontecesures, 10/12/11

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.