Cores Tourís anuncia a posta en marcha dun novo sistema de calefacción no CEIP de Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra reuniuse coa directora do centro destacando que estas obras permitirán gañar en eficiencia enerxética

Lamenta que o concello non realizara as labores de mantemento dende o 2000 o que provocou o deterioro da caldeira

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, entrevistouse esta mañá coa directora do CEIP de Pontecesures, María Begoña Regueira, e co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, para anunciar a posta en marcha en breve dun novo sistema de calefacción neste colexio.

Con estas obras búscase gañar en eficiencia enerxética para que se poida alcanzar o confort necesario no centro e reducir os custos actuais de gasoil en Pontecesures ??que son realmente excesivos, xa que o gasto dun mes é o que debería corresponder a dous meses?.

A actual situación débese ao deterioro que presenta o actual sistema de calefacción que foi renovado no ano 2000. ??Dende entón, e xa van 12 anos, o concello de Pontecesures non executou nin unha soa obra de mantemento o que provocou o deterioro da caldeira e das conducións que se foron degradando por mor da corrosión?, lamentou Cores Tourís.

A obra terá un investimento de 58.000 euros e suporá tres tipos de intervención: reforma da sala de caldeiras e revisión da cheminea e da caldeira; instalación da tubaxe de distribución e do sistema hidráulico; e finalmente, a revisión do depósito ??algo que non fixo o concello e que é obrigatorio cada cinco anos?, recordou o delegado territorial.

Segundo apuntou pola súa banda o xefe territorial de Educación, o próximo luns trasladaranse ata o centro técnicos da Xefatura para coordinar coa comunidade educativa o calendario de traballos de cara a que se realicen do xeito menos prexudicial para o desenvolvemento das xornadas educativas. ??As obras comezarían e rematarían arredor da Semana Santa e se levarían a cabo polas tardes, de xeito que o centro non se vira afectado en canto a impartición normal das clases.

José Manuel Cores Tourís quixo insistir no feito da obrigatoriedade que teñen os concellos de realizar obras de mantemento nos centros educativos dos seus municipios. ??Tamén teñen que ser conscientes da obrigatoriedade de ter firmado un contrato de mantemento para a caldeira. Deste xeito, en Pontecesures esperamos que o municipio se axuste a lexislación vixente e que este novo sistema de calefacción poida durar moitos anos?, rematou o delegado territorial.

Páxina oficial da Xunta de Galicia, 09/03/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.