Nota íntegra da ACP sobre o mantemento da caldeira do CPI Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Logo de anunciar o alcalde no pleno ordinario de xaneiro que o concello seleccionara unha empresa encargada do mantemento da caldeira do CPI Pontecesures, reparada a fondo pola Consellería de Educación xunto con todo o sistema de calefacción do centro, esta agrupación solicitou a consulta do expediente de adxudicación de dito mantemento á empresa en cuestión xunto coas facturas emitidas ao concello, ou acordos municipais, no seu caso. Pois ben; despois de máis de dous meses, nin temos autorización, nin sabemos nada deste tema.

Sí nos resultou sorprendente que na nota pública do goberno local publicada no día de onte, con motivo do remate das obras da calefacción no CPI Pontecesures por parte da Consellería de Educación, se informe que xunto con técnicos da consellería, operarios do concello e persoal do colexio, estivo presente no recinto escolar para recibir as instruccións da empresa adxudicataria da obra sobre o funcionamento do novo sistema de calefacción, PERSOAL DA EMPRESA ENCARGADA DO MANTEMENTO.

Non sabemos o que está a motivar este obscurantismo e todo este misterio. Reiteramos unha vez máis que queremos ter acceso ao expediente para efectuar as tarefas de fiscalización e control que temos encomendadas. Non pode ser que unha empresa comece a realizar unhas tarefas que corresponden ao concello e os concelleiros da oposición nin saibamos quenes son, a documentación acreditativa da idoneidade da mesma, o prezo da prestación, etc…

Pontecesures, 27/04/12

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.