RADIO VALGA 107.9 «INTERNACIONALIZASE MÁIS» COA EMISI?N ONLINE, E PALCO DE ESTRELAS ATRASA A PARTIRES AGORA A S?A HORA DE EMISI?N.

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

A emisora municipal Radio Valga 107.9, que dirixe Hector Bérmudez,dende o 31 de agosto comezou en probas a súa emisión en directo a través do seu novo portal web www.radiovalga.es . Polo tanto agora tódolos veciños das comarcas do Ullán, Caldas e A Mahía, que se encontren espallados polo Mundo adiante poderan ,simbolicamente, estar un pouco máis preto da súa terriña e enterarse das novas e do acontecer diario destas comarcas. Ademais disto nos vindeiros días Radio Valga 107.9 FM comezará as probas para poder mellorar e extender a súa cobertura a través da ondas.
Por outra banda, o programa decano das orquestras de Galicia «Palco de Estrelas», dirixido e presentado por Daniel Seijas, pasara agora a comezar as 20 horas, en vez das habituais 19 horas , mantendose a súa emisión coma sempre os xoves (salvo que sexa festivo, que se adianta á véspera) ata a madrugada.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.