Uxía achega a Pontecesures unha nova visión de Rosalía a ritmo de rock e blues.
Valentín García, Uxía Senlle e Xulio Amigo presentaron a actividade.
A editorial Galaxia e a Consellería de Cultura achegan esta fin de semana a Pontecesures unha renovada e máis actual visión de Rosalía de Castro e da súa obra. â??Rosalía pequeniñaâ?� é o título do espectáculo e tamén do libro-disco que acaba de editar Galaxia, no que a intérprete Uxía Senlle musica nove poemas da escritora padronesa á que adica, ademais, unha composición de seu: â??Rosalía pequeniñaâ?�. A dunha muller â??loitadoraâ?� e â??insubmisaâ?�, esa é a imaxe que Uxía quere transmitir da autora de â??Cantares Gallegosâ?�, obra fundamental do Rexurdimento e da que se conmemora o 150 aniversario da súa publicación. â??Maio longoâ?�, â??Como chove miudiñoâ?�, â??Has de cantarâ?�, â??Paseniñoâ?�, â??Miña santiña, miña santasaâ?� ou â??Alboradaâ?� son algúns dos poemas rosalianos que poderán escoitarse este domingo no Centro Social de Pontecesures, onde arranca unha xira de corenta actuacións por outras tantas localidades de Galicia, entre elas Cuntis.
Os textos serán interpretados a ritmo de muiñeira, balada, blues e incluso rock. Melodías pegadizas, variadas e actuais pensadas para que os cativos canten en familia, durante e despois do concerto, explica Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta que onte presentou esta iniciativa acompañado por Xulio Amigo, representante da editorial Galaxia, e pola propia Uxía Senlle. â??Rosalía pequeniñaâ?� é unha das cinco accións que integran o programa de dinamización lingüística â??FalaRedes 2013â?�, impulsado polo goberno autonómico. O que se persegue é â??mirar cara o pasado, pero tamén ao presente e ao futuro, pois cumprimos o dobre obxectivo de honrar a unha das nosas máis grandes figuras literarias e de transmitir aos nenos unha imaxe positiva e actual da lingua galegaâ?�, apunta Valentín García.
DIARIO DE AROUSA, 22/05/13
