O programa decano das orquestras de Galicia, PALCO DE ESTRELAS,cumple 9 anos consecutivos sen descansar en Radio Valga 107.9 FM

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

Tal dia coma hoxe de fai 9 anos, un 13 de xullo do 2005, comezaba Palco de Estrelas en Radio Valga unhas das miñas maiores ilusións daquel momento e que xa levaba tempo matinando na miña cabeza. Recordo que a algúns cando lle comentaba a idea de facer un programa que so fora de orquestras dáballe a risa…naqueles tempos falar de orquestras nos medios de comunicación galego era algo anecdótico,e hoxe xa vedes a evolución que houbo a pesar do moito que aínda queda por facer. Quero agradecer a tódolos ointes, casas comerciais, orquestras,dúos,trios,charangas, webs festeiras, comisións de festas, concellos,axencias de espectáculos que durante todos estes fixeron posible que coa súa colaboración ou participación formaron ou seguen formando parte deste programa que fago con moito gusto tódolos xoves.E como non agradecer a confianza despositada en min polo director da emisora Héctor Bermudez e así coma polo concello de Valga coma fundador desta estación. Sinceiramente cando empecei co programa nunca pensei que ia botar nin tan sequera máis de 4 meses…..e xa van 9 anos e agora comezando a 10 temporada consecutiva, porque dende que empezou o programa tódalas semanas ata hoxe houbo sempre programa en directo, salvo 2 veces o ano pasado debido a unhas complicacións técnicas alleas a nosa emisora. En todo caso non coñezo ningun programa de radio ou de televisión en España no que un mesmo presentador fixera un mesmo programa durante tantos en anos en directo e sen interrupcións…..nin Luar. A todos e todas moitas gracias por aturarme estes 9 anos,e agardo poder seguir algo máis con todos vos. Un saúdo de Daniel Seijas Llerena, dende as terras de Redondo.estadistica radiosbr top 20 6-6-2014
(O programa habitualmente é un dos máis escoitados do Mundo en internet na prestixiosa web radios.com.br entre máis de 18.000 emisoras de radio)
radiosbr estadistica españa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.