Festividades

San Xulián: o 7 de Xaneiro. (patrón do concello).
San Lázaro: o domingo de Paixón. Esta romería data do S. XIV, polo que está considerada como a máis antiga de Galicia. Nela tamén se celebra a festa gastronómica de degustación da lamprea.
Virxe do Carme: primeiro domingo de Xullo.
San Roque: no mes de Agosto. Nela pódese degustar unha gran mexilloada.
Santa Lucía: 13 de Decembro.
Antigamente celebrábase a FEIRA DO AUTOMÓVIL USADO. Pontecesures ten a honra de ser o pobo que a organizou por primeira vez en España, en Xuño de 1925. Posteriormente celebráronse novas edicións en 1926, 1950 e 1954.

2 Comentarios

  1. fantasma
    Publicado: 3-11-2006 a las 14:29 | Permalink

    É ben certo que esta FEIRA DO AUTOMÓVIL DE OCASIÓN tiña unha grande repercusión en toda a nosa redonda chegando aínda máis alá.É unha mágoa que non se volva a organizar, pois traería consigo una boa fonte de ingresos e sería unha boa maneira de dar a coñecer o noso pobo que parece que se quedou un pouco estancado.
    Dicía o xenial “Borobó” ,no seu pregón na festa da lamprea, que sería o seu desexo que en Cesures se volvese a repetir tan importante evento,recordando que cando el era cativo fora testimuña presencial do nacemento desta feira.
    Borobó non o puido conseguir.
    Sei que hai unha persoa do noso pobo, aparte de Piñeiro Ares ,que estudou moi a fondo a historia destas feiras e que algúns do Concello coñecen ben pero que,coma sempre,non se lle valora o seu traballo na súa xusta medida.Supoño que por pouco interes que se lle poña a este asunto, podería facerse algo ao respecto.Deixo esto nas mans de quen amose algo de interese .Que alguén se anime a contestar.

  2. Martin T
    Publicado: 3-11-2006 a las 15:09 | Permalink

    Estaría moi ben que se volvera a facer, pero vendo o panorama do actual goberno nada, haber se algún candidato as próximas eleccións a alcaldía se anima.

Publicar un Comentario

Debes iniciar sesión para publicar un comentario.