• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Persoeiros / Carlos Maside

Carlos Maside

21-10-2005 por Antonio Cortés 2 comentarios

(1897-1958)
Profesión: Pintor.

pinmas.jpeg
A siesta. Acuarela, 19,5 x 26 cm.

Biografía: Considerado pola crítica como referente ineludible do rexurdimento artístico iniciado por Castelao, Carlos Maside naceu en San Xulián de Requeixo (Pontecesures) en 1897. A adolescencia pasouna en Padrón como escolante e en Vilagarcía como empregado dun almacén. En 1917 trasladouse a Madrid a cumprir o servicio militar e entrou en contacto co ambiente dos debuxantes gráficos, ao que se dedicou de volta a Galicia. En 1923 participou na Coruña nunha exposición con catro caricaturas e traballou no Faro de Vigo e en El Pueblo Gallego, onde se encargaba dunha viñeta satírica diaria. Seguindo a súa etapa formativa, en 1926 a Deputación de Pontevedra concedeulle unha bolsa que lle permitiu matricularse nunha academia de pintura de París, visitar museos e acercarse ao panorama das vangardas abstractas e figurativas e ás formas de pensamento ideolóxico do período de entreguerras.

En 1931 instalouse definitivamente en Galicia: en Vigo e sobre todo en Santiago, onde realizou a súa primeira exposición individual, na que alternaban guaches e debuxos expresivos e populares co expresionismo dos primeiros óleos. A guerra civil afectouno profundamente e recluíuse nun misterioso e improductivo illamento, roto en 1945 ao sentir de novo a inquietude creadora. É a época da plenitude, de equilibrio entre a expresión e a técnica, de obras tan espléndidas como “A cacharreira”, “Dúas paisanas”, “Costureira”, etc. Todo este novo impulso truncouse en 1958, ano no que morreu en Santiago. Carlos Maside, que foi director artístico da editorial Galaxia no momento da súa fundación, en 1951 publicou o seu único escrito, o ensaio breve En torno a la fotografía popular. Luís Seoane, Rafael Dieste e Antonio Baltar decidiron que o museo que garda a obra e a documentación do Movemento Renovador da Arte Galega levase o seu nome.

Imaxe e texto de Sargadelos.com

Archivado en:Persoeiros Etiquetado con:faro de vigo, guerra, obras, Pontecesures, santiago, Vigo

Interacciones con los lectores

Comentarios

  1. amigodecesures dice

    5-02-2007 en 11:48

    Tamén deberiamos ter en conta que en Cesures naceu outro gran pintor, xa falecido, chamado «Colombo», que ten obras expostas no museo Carlos Maside de Sada.

    Responder
  2. Antonio Cortés dice

    5-02-2007 en 12:05

    Amigo de Cesures, na entrada Os barcos do exilio hai un resumo da vida de Andrés Colombo sacado do libro «O exilio Galego: unha primeira achega».

    Un saudiño.

    Responder

Responder a amigodecesures Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • 8 de Marzo. Día Internacional da Muller. Concello de Pontecesures.
  • Morreu Serafín Iglesias Piñeiro,»Pachín».
  • O grupo ODL pon en marcha a iniciativa Mergúllate na lectura.
  • Nestlé quiere conservar la biodiversidad gracias a las granjas que le suministran.
  • Os socialistas botan de menos aos voluntari@s de Protección Civil.

Comentarios recientes

  • lampreadoulla en iViewpoint no Miradoiro do Pino Manso
  • Manuel Iglesias en AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES
  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

festa concurso a ponte fin de semana lamprea santiago tren faro de vigo sar Porto Pontevedra sábado psoe pleno BNG protección civil plaza Vigo obras sabariz fiesta Concello fútbol Catoira xunta curso correo gallego Diario de Arousa Ulla Vilagarcía Historia Maneiro iglesia río ulla n-550 la voz de galicia Campaña Pontecesures Caldas tripartito Angueira padrón pp valga ACP

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños