Monumento feiras do automóbil

Publicado por Antonio Cortés o

*Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)*

[photopress:feira_do_automovil_de_ocasion.jpg,thumb,pp_empty]No día de hoxe solicitouse á Alcaldía o acondicionamento do monumento conmemorativo das “Feiras do Automóvil” celebradas en Pontecesures no século pasado e que esta situado na rúa San Lois preto do paso a nivel central da vila e coñecido polos vecinos como o “coche de pedra” que presenta na actualidade bastantes deficiencias. Así solicitouse que se realicen as seguintes actuacións no monumento:

# Colocación dun tramo da verxa de protección que falta hai tempo.
# Pintado da verxa na súa totalidade.
# Limpado da pedra da escultura.
# Colocación das letras de faltan na placa conmemorativa.
# Acondicionamento do xardin nos arredores do monumento.

Espérase que os traballos sexan realizados canto antes.

_Pontecesures, 6 de marzo de 2006_
*Luis Angel Sabariz Rolán – Voceiro de ACP*


2 comentarios

Martov · 7-03-2006 ás 15:38

Tamén habera que poñer vixilancia no “coche de pedra”? porque leva así toda a vida e naide se preocupou por limpalo ou arranxalo debido a que non creo que coste tanto manter ese monumento nun estado aceptabel. Aínda asi o muelle tamén está nun estado descoidado cunha fonte baleira e noxenta, uns xardíns que parecen selvas, a piscina que non hai máis que asomarse e un terreo de valga que aínda non sei moi ben o que fai alí. Sen esquecernos do muro de cemento que é impresionante o cheo de musgo que pode chegar a ter…Creo que esta moi ben denunciar e todo iso, publicalo e demais pero o único que se ven son notiñas de prensa sen ningunha efectividade.

PD: GRAZAS !!

Fernando · 15-03-2006 ás 01:57

E que no noso concello practicamos o de “Estamos a ilo” e “Para a semana esta feito” o que pasa e que os cicadáns temos constancia dos dias de 24h, pero para o goberno son cerca das 80h diarias e asi temos erros de cálculos…

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.