André Oliveira Campión de España 2006

Publicado por Carmen Barreiro en

Este fin de semána pasado non foi un fin de semá calquera para a historia do Nautico Pontecesures, posto que se acadou o *primer Campionato de España en embarcación individual*. Antigamente outros xo intentaron na era do antigo universitario caso de Juan Jesús Piñeiro no ano 1998 e Iván Figueira no 1997 ambos medallistas en Campionatos de España pero ningún deles conseguiu subir o máis alto do caixón.

podiumEsta pegada para historia do club consegiuna André Oliveira no embalse de Castrelo de Miño que despois de completar unha estupenda regata logrou cruzar a meta en primeiro lugar. Non era unha tarea fácil, diante del habia rivales de grande calidade, pero a fortaleza e a coraxe demostrada por este deportista levarono a conseguir o subcampionato galego e como escalafón final a temapada invernal o Campionato de España na categoría cadete.

A competición iniciouse o sábado a maña cunha proba contrarreloxo na distancia de 2.000 metros para realizar unha selección de palistas que finalmente poden acceder a disputar o Campeonato de España. Desgraciadamente neste corte quedaronse fora da final Lorenzo Riveiro e Cristian Barreiro pasando a final André Oliveira, Adrián Vicente e Marcos Pesado. A final de 5000m  para os cadetes disputouse o sábado pola tarde e para a categoría xuvenil o domingo pola maña.

Os resultados obtidos por estos deportistas foron os seguintes:
* Marcos Pesado:26º posto C1 xuvenil
* Adrián Vicente: 10º posto C1 cadete
* *André Oliveira: 1º posto C1 cadete*

Con esta competición cerrase a tempada invernal dando paso as competicións de velocidade e as competición de ríos e travesías.

POR: JAVIER BOUZAS, ADESTRADOR NAUTICO PONTECESURES


15 comentarios

C.F · 21-03-2006 a las 18:17

FELICIDADES ANDR?
MER?CELO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

fru · 22-03-2006 a las 01:07

FELICIDADES ESPECIAIS PARA TI E ?S COMPA?EIROS E COMPA?EIRAS DO CLUB NA?TICO, NO MEU NOME E NO DOS INTEGRANTES DO CLUB BALONCESTO RIO ULLA. E UNHA BOA NOVA PARA PONTECESURES, POR FIN UNHA NOTICIA EN POSITIVO…
Felicidades e disfrutao, e que sirva de exemplo para os mozos/as deportistas da zona, e o inicio dunha longa carreira deportiva a túa plagada de éxitos. Inda que este primeiro triunfo vai ser especial…non o vas esquecer na vida!!!
Saudos a todo o Naútico.

C.F · 22-03-2006 a las 18:10

Por certo felicitar tamén ó adestrador, polo gran traballo que está a facer con eses cativos.
FELICIDADES

Javier Bouzas · 25-03-2006 a las 02:31

Gracias por esas felicitacions. Un saudo a tod@s

alberto-boiro · 26-03-2006 a las 15:20

Felicidades Andre,sigue asi te lo mereces eres el mejor.

alex-boiro · 26-03-2006 a las 15:25

Andre cojonudo!felicidades

Carmen Barreiro · 27-03-2006 a las 12:34

Felicidades André, a ti e a todos!
Traballades moito e merecédelo!

Luis Angel Sabariz Rolán · 27-03-2006 a las 17:28

Moitas felicidades ó campión e a tódolos palistas e monitores do Naútico. Non fun ó acto de entrega do obsequio do concello (cheguei cando estaba rematado de casualidade) pois non me avisou ningúen a pesar de ser concelleiro (o regalo foi sugragado con fondos deste concello) e tampouco me enterei na rúa. Teño constancia de que o propio alcalde deu instruccións para que non se me convidara a pesar de que sempre traballei todo o que puiden a prol deste club. Unha pena esta actitude da máxima autoridade. A tolerancia, o respecto e o diálogo a que tantas veces se refire son só frases de «boquilla» pero cada vez somos máis os que o coñecemos a fondo estes xestos tan prepotentes e inxustos

EU · 28-03-2006 a las 08:05

Non é lóxica a mestura da política e o deporte, este último e san.
Non se debería usar algo tan bonito como o esforzo dun cativo para fins políticos!

Lola · 28-03-2006 a las 10:18

Estiven vendo as fotos do agasallo a este rapaz. Que facía Maribel no medio do allo?
Pero non se supon que é concellal de Obras? Vexo lóxico que esté o alcalde e a concellal de deportes pero ela?????
Apúntase a todas, como teña que aparecer na foto…

Nando ( o seu irmán ) · 28-03-2006 a las 11:49

¡¡ Ferlicidades !!
Estou abraiado pola dedicación que cada día lle dedicas ó adestramento. Sen dúbida, asi se fai un Nº1, se segues así nadie te podrá deter.
Noraboa!

Luis Angel Sabariz Rolán · 28-03-2006 a las 14:12

Noraboa tamén polo éxito ó Presidente Barreiro pola dedicación a estes rapaces. Haber se agora se incian tamén nenas nó piragüismo.

Carmen Barreiro · 28-03-2006 a las 15:30

A ANPA debería dicir os pais e nais que o clube nautico non conleva perigo para os fillos, moitas nais creen que é un deporte moi perigoso, e que no inverno os obrigan a saír o río.
Teñen outras actividades, fan ximnasio, van á piscina, saen ó rio (abrigados, con chaleco, vixiados…..).
Non é excusa para non ir! Seguro que o pasan moi ben!

Chus · 29-03-2006 a las 18:48

Saúdos a tódolos do Náutico

juan · 23-07-2006 a las 17:06

felicidades andy , k sigas asi joder !!!!!

Responder a Javier Bouzas Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.