ACP solicita que sexan colocadas con urxencia os sinais na praza dos Valeiros de Porto.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Rematadas o 25 de agosto as festas de Porto aínda non se colocaron de novo os sinais de tráfico na praza dos Valeiros cos riscos para a circulación que ocasiona isto.
Tampouco se colocou de novo a xardiñeira onde estaba na zona adoquinada preto da beirarrúa de dita praza.

Non foi reposto o espazo da beirarrúa na rúa dos Namorados que quedou destrozada por mor do peso dos camións das orquestras os días 24 e 25 de agosto.

Por todo o descrito solicitouse no día de onte á alcaldesa en funcións Maribel Castro que se corrixan con toda urxencia estas deficiencias.

Categorías: Sin Categoria

4 comentarios

Eu · 11-09-2006 a las 10:55

Para o que sirven as sináis…..
O que si fai falla e un policía local alí plantado para que multe a todo aquel que salte o stop! e para que certa xente que pensa que porto é o seu párking particular non aparque nas aceras e no medio da carretera.

Tuso · 11-09-2006 a las 11:00

Está ben que recoloquen cando antes as sinais en Porto.

Xa hai bastante tempo atrás alguén «talou» unha sinal de Stop na rúa de enfrente á rampa do Clube Nautico. A día de hoxe o cruce segue sen ela. ¿Volverá algún día?

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-09-2006 a las 18:06

Os sinais na praza dos Valeiros son moi importantes, sobre todo a de STOP para os coches que veñen pola rúa Carlos Maside, chegan á praza e teñen que deixar pasar ós que veñen pola rúa dos Mariñeiros que atravesan o paso a nivel do ferrocarril. Xa houbo algunha colisión pois aínda que se ves por Carlos Maside tes que deixar o paso ós que saen pola túa dereita hai contínuos despistes que pode solucionar o sinal.
Tes razón «Eu» a praza dos Valeiros non pode estar cos coches enriba das beirarrúas.
Tamen ten razón «Tuso» pois xa non está o sinal vertical de STOP na intersección da Travesía do Automóbil coa rúa Eugenio Escuredo preto da ancla que esta a carón do club náutico. Comenteillo hoxe á policia local e mañá solicitarei a reposición por escrito.

Carmen Barreiro · 12-09-2006 a las 10:26

Estou de acordo en que as sináis son necesarias, son moi necesarias, pero tamén é necesario que alguén se asegure de que se cumpran. E non só as sináis se non tamén as marcas viáis, porque Porto e a cidade sen lei. Alí cada un fai o que lle da a gana, salta sináis, aparca na beirarrúa…

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.