• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Deportes / Basket Río Ulla / NOVA VICTORIA DO EXTRUGASA RIO ULLA

NOVA VICTORIA DO EXTRUGASA RIO ULLA

5-03-2007 por fru 3 comentarios

p(centrado). basket1.jpg

Logo de case un mes sen disputar partidos, entre o Antriodo e a falta de arbitros, o Extrugasa Rio Ulla disputou na tarde do pasado Domingo un novo encontro da liga zonal arousana. esta vez trasladouse a Lalín á xogar co BAsket Deza, e foi quen de conseguir a victoria a pesar de ter ata 4 baixas no equipo.

O partido empezou ben para o Extrugasa, pois nun primeiro cuarto xogado moi ben, cunha forte defensa, que impedia xogar ó ataque local, mais rapidez no contraataque e bo lanzamento exterior, pronto colleu as primeiras diferencias importantes (min 6: 2 – 9). Os puntos de Diego e o xogo interior de Santi mantiveron esa diferencia entorno ós 8 – 10 puntos, para chegar ó final do 1º cuarto 10 – 19.

O 2º cuarto xogouse con mais precipitacións por ambas partes, costándolle máis ó Extrugasa sacar o contragolpe. Os puntos do base Peñaño mantiveron por diante ó Extrugasa, ant eun Lalín que se estrellaba na defensa en zona cesureña. Así chegouse ó descanso cun 19 – 27.

O Laín anotou de entrada 5 puntos poñéndose a tan só 3: 24- 27, pero de novo o Extrugasa empezou a anotar no xogo interior, con Pepi e Santi, co que mediado este3º cuarto voltaron as diferencias 24 – 32. Pero inda o Lalín se acercou a 3 puntos de novo:29 – 32. Pero o Extrugasa anotou un novo parcial de 0 – 7 ó seu favor, co que voltou a ampliarse a diferencia: 29 – 39.

No ultimo cuarto apretaron os locais, que foron acortando o marcador (min 35: 38 – 43). Costáballe anotar ó Extrugasa, que perdeu varios balóns en ataque. Lalín puxose a 3 puntos: 42 – 45, quedando 2 minutos, pero Gulli decidiu o partido anotando 2 triplas á falta de minuto e medio, mais logo 2 tiros libres, cortando o intento de remontada local.

Os anotadores do equipo foron: Gulli (11), Peñaño (16), Diego (6), Pepi (9), Felipe (2), Santi (9). Tamén xogaron Cachote e Pedrito que non sumaron puntos.

O Extrugasa mantén a 4ª posición que lle da opcións de xogar a «final a 4» para pelear polo ascenso, e segue tendo o 3º posto a unha victoria.

Outro resultado do club foi a derrota por 15 puntos dos Infantiles do Extrugasa Rio Ulla ante o potente BBC A de Vilagarcia, no seu campo, nun bo encontro dos nenos do Extrugasa.

Por último, as nenas cadetes que tiñana que xogar en Pontecesures, diante do Meco de O Grove, non o poideron facer ante a humidade que presentaba a pista do polideportivo, e ante o risco de lesión que conlevaba ambos clubs decidiron aprazar dito encontro.

Archivado en:Basket Río Ulla Etiquetado con:Extrugasa, Pontecesures, Ulla

Interacciones con los lectores

Comentarios

  1. jhon Pino dice

    7-03-2007 en 00:47

    Desde que marchei eu, ao equipo faltalle a sangue e frescura de antes. Se mo pedides igual, se me colledes de boas, me rebaixo e volvo xogar

    Responder
  2. fru dice

    7-03-2007 en 23:21

    Canta razon tes, Pino. Botamos de menos ó xogador mais elegante, ó «Beckhan» do baloncesto cesureño… Aquel que tiraba de espaldas a canasta con mais estilo que ninguén (inda que nas mesera). Queda recollido o teu ofrecemento e non te preocupes: cando fagamos equipo de basket en silla de rodas: fichámoste coma o crack.
    Saudos e haber se apareces mais por aquí, e polo pabellón tamén. Inda entrenamos os martes e venres a partir das 21.15 h.

    Responder
  3. peñaño dice

    9-03-2007 en 23:57

    Eche o que me faltaba por escoitar. Se volve Pino o basket cesureño non volverá a selo mesmo. Volverá o espectáculo, porque xogar non xogaba a nada, pero espectáculo……. VAMOS HOSTIA JODERRRRRRRR

    Responder

Responder a fru Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • DATOS DO COVID PUBLICADOS HOXE XOVES 4 DE MARZO
  • iViewpoint no Miradoiro do Pino Manso
  • APERTURA DE LISTAS DE CONTRATACIÓN TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA EN 30 CATEGORIAS
  • DATOS DO COVID PUBLICADOS HOXE MERCORES 3 DE MARZO
  • ULTIMAS PRAZAS PARA 2 CURSOS DO TIC EMPRENDES – O TEU RURAL TEN FUTURO

Comentarios recientes

  • Manuel Iglesias en AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES
  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

padrón pleno Historia Ulla Catoira xunta Maneiro ACP Vilagarcía n-550 Angueira fútbol lamprea Campaña Vigo faro de vigo fin de semana protección civil Pontecesures tripartito festa BNG Pontevedra tren sar valga Porto concurso plaza sabariz iglesia curso río ulla a ponte fiesta la voz de galicia correo gallego Caldas pp Diario de Arousa psoe santiago Concello sábado obras

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños