A pasada noite novo episodio da grave contaminación aérea de FINSA

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Na maña de hoxe enviei ao Conselleiro de Medio Ambiente o seguinte escrito:

Hoxe pola mañá, varias rúas e propiedades particulares do lugar de Porto (rúa dos Mariñeiros, rúa Calera, rúa Caldeirón, etc..) apareceron cubertas de gran cantidade de fibra de madeira, semellando una gran nevarada. Son virutas entrelazadas que crean, evidentemente, alarma nos veciños e producen un ambiente irrespirable. Os propios veciños de Porto están agora a baldear para limpar as súas propiedades.
Tanto a viruta como o polvillo proceden da fábrica de FINSA situado no termo de Padrón, na outra marxe do río Ulla.
En Pontecesures xa estamos cansos de soportar istos episodios a cotío e a nosa saúde vese afectada pola contaminación aérea dende hai tantos anos.
Esperamos a actuación inmediata de Vde. para que, dunha vez por todas, se cumpra a normativa como anunciou hai uns días nesta vila. Non se pode demorar máis a solución deste tema (os veciños xa perden a confianza nas institucións) que está a causar tantos problemas na saúde dos cesureños.

Pontecesures, 10 de abril de 2007

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro de Pontecesures

SR. CONSELLEIRO DE MEDIO AMBIENTE
SANTIAGO

Tamén teño coñecemento de que houbo persoal de FINSA pola mañá limpando as rúas afectadas.

 Por outra banda, estas son algunhas fotos tomadas esta mañán antes de que os operarios de finsa limpiasen as rúas.

finsa-004-web.JPG

finsa-008-web.JPG

finsa-010web.JPG

finsa-006-web.JPG

Nelas podese observar coma este polvillo cubriu todas as rúas, e ata se amontonaba nas beiras dos camiños. Os coches cando pasaban deixaban as marcas das rodas. Parecía que «nevase» na zona de Porto.


11 comentarios

Antonio Cortés · 10-04-2007 a las 20:20

Fai Cousa dun ano: «escape da Finsa do 19 de abril»

¿ Celebrando o aniversario ?

fru · 10-04-2007 a las 23:19

¿Podería ser que o mercores 19 de abril de 2006 fose o mércores seguinte ó de Pascua (Domingo 16), e que a Finsa estivese de vacacións ata ese dia ? ¿E que á volta das vacacións, igual que pasou esta pasada noite, ó poñer de novo a fabrica en marcha limpiasen e botaran toda a porquería pola chimenea?
O que si é certo é que cada vez a xente de Porto está mais cabreada por este tema.

Lore · 12-04-2007 a las 17:19

Si Fru, levas toda a razon, e q esto é indignante!! E así levamos anos! esto xa é un cachondeo!
? igual q fixeron no concello de Dodro un «Protesta Ya» do famoso programa televisivo CQC, tíñamos q facer nós tamen algo polo estilo, así non se pode vivir, falando mal e q me perdoen a expresion, pero non somos porcos para comer a merda q outros botan!

fru · 12-04-2007 a las 20:46

Lore, se os veciños (TODOS) cada vez que Finsa se propasa, sairamos á rúa a protestar, ou mellor, nos plantaramos diante da entrada de Finsa e lles cortásemos o acceso vehículos, p.ex. (ou calquera outra medida que lles fixese PERDER DI?EIRO Á EMPRESA), DOUTRA FORMA NOS TRATARÍAN, pero coma non é o caso… así nos vai. A tragar e seguir tragando…

lore · 12-04-2007 a las 21:35

Estou totalmente de acordo contigo, pero a xente moito vota pola boca, pero á hora de protestar… entendo q poida haber moita xente de por aqui traballando ali e quizais por medo a perder o seu posto de traballo non saian ás rúas, pero pódese protestar de moitas formas. Unha cousa xa teño asumida, estamos nunha sociedad consumista onde os cartos estan por riba de todo, e visto o visto, dous billetes mal dados e o concello fainos calar, non é xusto!!
Ahora tamén digo.. aer qn move ese xigante de ahí… é unha pena, pero é o q nos toca, mentres estemos aqui!

abertzale · 12-04-2007 a las 21:40

si a kale borrokah acordavos agora. Levades toda a vida a facer o inutil e o peripe a vivir de costas a todo e agora por unas notas de prensa tolea a xente pois veña Lume!

noa · 12-04-2007 a las 23:19

la gente del pueblo de pontecesures tiene lo que quiere vamos todos a denunciar al bares,,, cundo se pide hacer algo nadie se apunta son muy guays.haber lo que hace el señor sabariz ya todo lo hace tan bien yayayaya

Luis Angel Sabariz Rolán · 13-04-2007 a las 00:21

Non te enfades conmigo «noa». Eu non presumo de facer as cousas ben pero no tema de FINSA xa expliquei moitas veces as numerosas xestións que fixen dando a cara sempre fronte a empresa e fronte as administracións. Sigo intentando todo porque para min e o principal problema que ten Pontecesures. Por iso, estoulle encima ao Conselleiro de Medio Ambiente (PSOE) para que se cumpra a lexislación dunha vez por todas. Veu o Sr. Vázquez o outro día ao meu acto de presentación e se comprometeu neste grave tema de contaminación. Teño confianza en que este conselleiro non vai fallar aos cesureños pero con todo seguirei traballando sempre por este tema. Pódense conquerir moitas cousas para o pobo (paseo no peirao, centro socio-cultural, herba artificial no campo de fútbol, etc..) pero senón se arranxa o de FINSA pouco podemos disfrutar dos investimentos. Se o logramos esta vila será outra.
Por certo, se algún grupo de persoas se animan para facer unha asociación veciñal de defensa do medio ambiente en Pontecesures para este tema de FINSA eu dou o paso á fronte para formar parte do mesmo.

lore · 13-04-2007 a las 21:14

terá algo q ver o cerca q estan as eleccions municipais para q digas o da asociacion a estas alturas?? se se quere facer algo non se pregunta FAISE! ESTA CLARO Q TODS QREMOS ALGUNHA SOLUCION, para algo elexims a alguen q nos represente!!!

noa · 13-04-2007 a las 23:33

sabariz hablamos despues de mayo.eso no lo tiene que hacer usted no VAMOS A MEZCLAR LA POLITICA en esto. le suena la contestacion?se nota que viene mayo.tiene que hablar con el de medio ambiente o solo vino a venter humo a cesures no vi a nadie de la xunta aqui.nos viene ahora con una asocicion que risa me da eso.que sera lo proximo

Luis Angel Sabariz Roláns · 14-04-2007 a las 01:27

O da asociación,»lore»,xa o veño dicindo hai tempo (mira os meus comentarios a novas de FINSA de xullo pasado). Eu das emisións da madereira xa levo falando máis de sete anos e non porque veñan agora as eleccións (medicións diarias de polvillo que fixemos, medicións do ruido, xestións con varios directores, coa Xunta, acordos plenarios, fotografías varias, etc..).
Teño confianza no Conselleiro de Medio Ambiente que é do PSOE. Pero aínda así, «noa», seguirei realizando todo tipo de xestións para aque cumpra o prometido sobre a normativa.

Responder a Luis Angel Sabariz Roláns Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.