O luns 24 de setembro, pleno ordinario.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Será ás 21 horas no salón de sesión da Casa do Concello, e terá a seguinte Orde do Día:

# Acta anterior.
# Moción do equipo de goberno sobre o ámbito de ampliación territorial da Ordenanza Municipal Reguladora do estacionamento gratuito con limitación horaria (Zona azul).
# Moción dos concelleiros non adscritos sobre o servizo de ferrocarril de cercanias Vilagarcía de Arousa-Santiago de Compostela.
# Moción do Partido Popular sobre o Rexistro de parellas de feito.
# Moción do Partido Popular sobre a solicitude de declaración de interese turístico de Galicia da «Festa da Lamprea de Pontecesures».
# Resolución da alcaldía de data 07/09/07 sobre proposta das festas locais 2008. Ratificación.
# Resolucións da alcaldía. Dar conta.
# Informes da presidencia.
# Rogos e preguntas.

Faise un chamamento ós veciños para que aistan a este interesante pleno.


6 comentarios

basta · 25-09-2007 a las 23:01

Calquera diría que onte houbo pleno…
Está un pouco aburrido esto. Din que a sintonía real foi entre Maribel e os do BNG (Alvarez ausente) ao remate do pleno.
¿Que pasa cos presupostos?

Un chien andalous · 6-10-2007 a las 00:09

Non te extranes «basta». Eiquí se falla o Sr. Sabariz Rolán, caseque se diría que non se celebran Plenos.
Nestes días intento ver si se fixa en min unha columnista que é recollida , pra esta páxina, en numerosas ocasións por Don Luis Angel Sabariz, refírome a Clara Aldán, que tén teima co Concello de Pontecesures, máis que co Concello, co seu termo municipal e os seus veciños e coas súas vidas.

Clara! escoitasme, ou léesme? (mellor dito). Vou tentar facer unha análise deste último Pleno, do que se está a falar nesta páxina, dunha banda polo que se refire a ausencia do Señor Angueira, que non sendo significativa, remata tendo unha importancia trascendental; e doutra banda un tema que estivo na picota varios días, como foi o do «despido» dunha traballadora municipal, vou, pois expor a miña particular visión dos feitos, obviamente, sin «animus ofendere», e se tal situación se dera, cunha «retrocessio in iure» (marcha atrás porco ó cortello) todo quedaría arrombado.

Pinceladas, sobre o último Pleno.

– Escorregada de «Felo», ¡amigo! de vez en cando hai que mirar os papeis, ¿non? (Consellería de Innovación e Industria /vs/ Consellería de Cultura).
¡¡xa «fastidia», vello escribán, que che faga unha corrección dese estilo alguén coma «Baliñas»; ¿ou non?…

– «LE CAHIER ROUGE» de Madame Mairesse, simpático o feito e a utilidade, é o «CAHIER DU TRAVAIL». Maribel fai os deberes e da contas.

– «Hot Line».. ou «Off Line»; «Línea directa» de Mister Baliñas con «Houston»…jeje, que risa.

O que non ten gracia señor Baliñas é a utilización dese xa cheirento recurso constante ao: «non, porque non», … argumentan vostedes:
«ainda que coincidamos co fondo (caso da moción para a declaración da festa da lamprea como de interese turístico) ou (caso da moción sobre o tren de cercanías), non coincidimos coa forma».

¡Mal! señor portavoz do BNG ¡moi mal! pero ¡mal!

¿cómo lle explica a un veciño, que o seu grupo municipal vota en contra de solicitar á Xunta de Galicia que se declare a festa da lamprea de interese turístico?

O de vostedes é moito, hai que achegarse a fundamentos metafísicos para poder compartir as súas posicións, e dubido moito que dentro do seu grupo haxa unanimidade para con este asunto. ¡Triste!.

E volto a dicir o mesmo sobre o «tren de cercanías», explíque vostede e o seu grupo, como se pode votar en contra…. Si cabe ¡máis triste!.

Sí é verdade todo o que se contou do Pleno, hai algo que da un peliño de medo, refírome a esa traballadora despedida.

Que dureza ¿non? eso de «despedida» soa mal, !!duro¡¡, non acorde co tempo que toca vivir no concello, segundo me relataron, as explicacións da Alcaldesa e do concelleiro de infraestructuras e relacións institucionais, non convenceron á oposición, a explicación foi: «decisión do goberno»

Para unha contratación defectuosa «ab initio» (posiblemente inxusta, incongruente, desigual co resto dos traballadores, cunha currelante que por «vox populi» non era un prototipo) facemoslle un arreglo «in fine» que pode ser «peor».

¿onde está o maior agravio? no xeito como se fixo a contratación, ¿ou no xeito como se lle puxo fin?.

Trazas dos 100 primeiros días do goberno Maribel & Cia.

Parece ser tamén, que a máxima autoridade «Anunciou en Alta Voz» que «o que non curre ten a maleta na porta», como medida disuasoria para posibles desfeitas no cumprimento do traballo, paréceme ben. Pero agardemos que non teña que facelo efectivo, porque o sistema de avaliación de rendemento laboral, é moi laborioso.

A todo isto señora Alcaldesa, antes tocáballe a «Molu», pero agora é vostede a cabeza visible no goberno do pobo, polo que dentro da estima e consideración que se merece como persoa e como titular do cargo que ocupa, permítame:

-Así en «petit comité»::: vostede lémbrase daquelo que dicia máis ou menos:

«Non verbo neque lingua, sed opere et veritate»…

Dígolle esto, porque vostede é unha cristián convencida e vinculada cos mandatos de Cristo; ¿NON SI?; se ven «EL» di: «a cada un o seu» nese afán de acadar o máximo nivel de xustiza retributiva, e ao mesmo tempo romper ese calificativo mal aplicado de «cristo comunista»; tamén «EL» di: «ata setenta veces sete» ¿NON SI?. Pregúntome ¿cómo deberíamos actuar segundo «noso señor» no caso da «rapaza despedida?

Non sirven respostas, «A Deus o que é de Deus….».

Ven sabemos que o cristián é cristián, de noite e de día, de concelleiro e de veciño…o cristián é cristián sempre…

«� dificil» -dirá vostede-

«Sí» -digolle eu-.

Preguntaráme vostede: «¿Como se pudo arranxar este asunto?».

Eu respostareille: «Verdadeiramente non o sei», pero eu pasaría máis dunha noite sen durmir, dándolle voltas a aquel mandato que prima sobre os outros,:

«Non fagas o que non che gusta que che fagan», e máis voltas lle daría a aquel outro que me dí que o cristián: midese polos feitos, non pola pamplina nin a xesticulación (Non verbo neque lingua, sed opere et veritate);

Ser «cristián» -querida- é máis difícil, moitísimo máis difícil que ser Alcaldesa.

¡¡¡¡¡Conflictos que nos plantexa a política!!!!!

Posiblemente o máis doado sexa ver a situación dende este lado, !!!posiblemente!!!

Doutra banda resaltar que :::

Semella que finou «»aquel berro do animal político ferido»»:

«Non ten vostede a palabra»…. Concelleiro «tal» …»Retírolle a palabra»….

Pois que dure esta «bonanza» coma sempre e coa caución debida «bonanza-presunta», pero «bonanza».
¡Joder Molulo! como te tes comportado, ¡¡¡increíble!!!… afortunadamente «pasado», que non «presente».

«Acabouse a dictadura» ¡¡¡que GARRA TIVO aquel grito!!! Agardemos que dure moito, a garra, o grito, e o gritante.

Bonne nuite.

SanXulian · 6-10-2007 a las 19:33

Xa que a Señora Alcaldesa rendeu contas ante o Pleno da Corporación no asunto da traballadora despedida, agora posiblemente se achegue a Roma para ver se obtén o perdón polo «pecadiño cometido».

Terabyte · 11-10-2007 a las 22:37

Agora entendo o recado do «can andalus» para Clara Aldán, si señor, non hai como «mergullarse», traballo custou.

Ohh! Claro, agora atopámonos nun «remanso», esta páxina se non é pareceo, agora eiquí, si o despido da traballadora do servizo de limpeza é «decisión do goberno» xa está, que máis explicación se precisa, e como tal decisión esté avalada pola máxima «autoridad arbitral», todo perfecto.

«DECISI�N DO GOBERNO TRIPARTITO O DESPIDO DA TRABALLADORA DO SERVIZO DE LIMPEZA» como empezou mal, o goberno decidiu poñerlle mellor fin.

«PRIMEIRA NA FRENTE». queda anotada no libro.

Luis Angel Sabariz Rolán · 11-10-2007 a las 22:46

Dixen no pasado pleno que sobre ese cese non ía entrar, pois quedou todo dito cando tivo lugar a contratación por tres meses, a primeira prórroga dun ano, o novo contrato de interinidade, etc…
Mira «Terabyte», ó meu libro xa non lle quedaban follas.

Terabyte · 11-10-2007 a las 23:47

Polo tanto, xa o dixo Suetonio no seu capítulo XXXIII» sobre «Julio Cesar»: «alea iacta est», cruzaches o Rubicón (It´s a sin)

A sentenza é : «MAL INICIO PEOR FINAL». (para o asunto da despedida)

O dito: «A PRIMEIRA NA TESTA».

Responder a Terabyte Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.