O EXTRUGASA RIO ULLA XOGA ESTE DOMINGO NA ESTRADA

Publicado por fru en

100_7572-web.JPG

O equipo senior do C.B. Rio Ulla vai xogar no polideportivo da A Estrada o seu partido de liga correspondente a esta vindeira fin de semana. Será a partires das 17 h. deste domingo día 28, ante un rival onde predomina a xuventude nos seus xogadores, xunto con algún veterano para reforzar a prantilla dos locais.

Por parte do Extrugasa Rio Ulla o adestrador recupera a 3 ausentes a semana pasada: Peñao, Pedrito e o «recén casado» Pino (que xa voltou da súa viaxe de noivos). Por contra agora ten as dúbidas dos mancados Diego e Felipe, polo que non será ata o adestramento desta noite cando sepa con que xogadores conta para afrontar este partido.

Novembro vai ser un mes de moitos partidos, e este da Estrada é importante para que o equipo demostre se mellora logo de pésimo inicio de liga feito en Cambados, coma xa o fixo a semana pasada na victoria en Pontecesures diante do Liceo de Vilagarcía, ou se vai ter unha traxectoria iregular na liga. Para a semana vsi vir xogar a Pontecesures un dos aspirantes á liga, o Portonovo, polo que sempre é bo chegar ó mesmo en boa racha de victorias. 


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.