Nota do Concello sobre as normas para a correcta separación do lixo en Pontecesures.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

A xestión dos residuos sólidos urbanos, tanto pola súa incidencia no ámbito hixiénico-sanitario, como no impacto visual e medioambiental que produce o seu depósito, estase a converter nun dos maiores problemas para os veciños de Pontecesures.

� certo que a maioría dos veciños son respectuosos co medio ambiente e cumpren coas normas establecidas da separación e depósito dos residuos, pero sempre hai algúns que de xeito incívico mesturan os residuos, depositannos no contedor que non lle corresponde, fanno fora dos horarios establecidos ou deixan mobles, colchóns, trebellos ou restos de materiais de construcción ó pé dos contedores sen avisar previamente e calquera día da semana.

Solicítase axuda para manter un Pontecesures máis limpo e máis respectuoso co medio ambiente, lembrando as seguintes normas:

Fracción orgánica.

* ¿Qué é a fracción orgánica?. Restos de comida, crúa ou cociñada. Tamén follas e restos de poda.
* ¿Onde deposito a fracción orgánica?. No contedor pequeno de tapla verde.
* ¿Cómo se recicla?. A planta de Lousame leva elaborado 3.000 t. de compost, un produto beneficioso para os solos. Máis da metade dos residuos que producimos a diario son restos orgánicos.

Fracción inorgánica.

* ¿Qué é a fracción inorgánica ou «resto?. Envases plásticos, latas, tetabricks, téxtiles, louza rota, etc..
* ¿Onde deposito a fracción «resto»?. No contedor de tapa amarela.
* ¿Cómo se recicla?. Os diferentes plásticos e metais selecciónanse na planta para transformalos en novos envases. No 2006 enviáronse a reciclar 3.600 t. de envases.

Papel-cartón.

* ¿Qué se considera papel-cartón?. Xornais, caixas, libros, revistas..
* ¿Onde deposito o papel-cartón?. No contedor azul.
* ¿Cómo se recicla? Elabórase papel reciclado. Por cada tonelada de papel reciclado sálvanse 24 árbores, afórranse 24.000 l. de auga e 4.100 kw/h de corrente eléctrica.
* ¿Canto papel separamos no Barbanza?. No ano 2002 recolléronse 750 toneladas de papel-cartón. No ano 2007 xa se recolleron 1.500 toneladas.

Vidro.

* ¿Qué se considera vidro?. Botellas de cristal, tarros, botes..
* ¿Onde deposito o vidro?. No contedor iglú verde
* ¿Cómo se recicla?. Elabóranse noivos envases de vidro. Por cada tonelada de vidro reciclado afórranse 1.200 kg. de materias primas e 135 kg. de fuel.
* ¿Canto vidro separamos no Barbanza?. No ano 2002 recolléronse 550 toneladas de vidro. No ano 2007 xa se recolleron 1.400 toneladas.

Lembra.

* Deposita as pilas usadas nos contedores específicos (pequenos e amarelos adheridos ao de papel-cartón).
* Deposita os medicamentos fora de uso no punto SIGRE das farmacias.
* Deposita o lixo entre as 20 e as 22 horas.
* Para a recollida de mobles, colchóns, trebellos, etc. chama antes de depositalos ao 639-107638 en horario de 11 a 13 horas, para que che digan o día, hora e lugar de depósito.
* Os electrodomésticos vellos entrégaos na túa tenda habitual ou chama ó teléfono de recollida de mobles e trebellos.


7 comentarios

area · 31-12-2007 a las 12:18

Procuro non ser unha desas veciñas ‘incívicas’ que mesturan os resíduos, pero o concello obrígame a facelo.

Que sentido ten clasificar o lixo nos contedores verde e amarelo cando posteriormente os traballadores municipais os mesturan ao facer a recollida?

O medioambiente é un tema que, polo de agora, importa a poucos, tampouco ó concello de Pontecesures. Señora e señores, un suspenso para vostedes.

Luis Angel Sabariz Rolán · 31-12-2007 a las 14:36

Os traballadores municipais, «area», non interveñen na recollida do lixo. � persoal da empresa FCC que ten encomendado o servizo pola Macomunidade Serra do Barbanza-Outes para varios concellos.
Non é a primeira vez que hai queixas contra o persoal, por misturar o lixo (ás veces pode confundir o dato de que o contido dos contenedores amarelo e verde van ó mesmo camión, aínda que o vehículo ten compartimentos diferentes para cada tipo de lixo). Eu non percibín nunca o detalle que se denuncia, pero haberá que comentalo coa empresa.

area · 2-01-2008 a las 08:42

Vostede non está ó corrente de que nalgunhas aldeas do concello a recollida do lixo non se fai a través do camión da mancomunidade?

Despois de tantos anos no equipo de goberno descoñece como se levan a cabo estas tarefas no seu concello?

Por se non o sabía, uns traballadores que se desprazan nun vehículo do concello cun carriño, van valeirando nel os contedores amarelos e verdes a eito.

Que me pode decir con respecto a isto? Debo comportarme de xeito cívico e seguir clasificando o lixo no contedor correspondente?

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-01-2008 a las 09:30

Efectivamente iso ocorre con algúns contedores da Toxa, por imposibilidade dende sempre par o acceso do camión ó lugar. Agora co ancheamento, o camión xa pode entrar ata un punto próximo a estes contedores. Precísase reorganizar coa empresa o servizo para corrixir o detalle denunciado por «area».

area · 3-01-2008 a las 10:22

Non só na Toxa…..

Confío en que poña unha especial atención no tema da clasificación do lixo e estes problemas se resolvan en breve. Suxiro que se faga unha nova campaña de información individualizada ós veciños para que fagan o esforzo de colaborar.

De tódolos xeitos ainda que o camión de Lousame non poida acceder a determinados contedores, penso que existen alternativas que a administración local debeu contemplar, antes de misturar o lixo. Hai que dar exemplo.

O medioambiente é de todos, pero sobre todo, responsabilidade dos que gobernan.

area · 3-01-2008 a las 10:58

Ah! Falando do repecto á natureza e estas cousas, esquecinme de comentar que non me parece moi axeitado decorar o interior do concello cunha árbore natural. Seguro que onde estaba antes estaba moito mellor.

Xa pasaron anos dende que faciamos aquelas salvaxadas de ir ó monte coa machada a cortar o pino.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-01-2008 a las 11:57

Reitero que se están a facer xestións para evitar a mistura de residuos denunciada moi oportunamente por «area».
� evidente que moitas veces non nos concenciamos do problema. Mirade, onte presenciei como as botellas baleiras procedentes dun bar do centro da vila eran depositadas indebidamente no contedor amarelo. Este contedor está auns 12 metros do local, pero a uns 30 hai un iglú verde para o vidro.
� certo, «area», que no concello hai unha árbore natural adornada como árbore de nadal. Segundo as miñas informacións un particular donou varias árbores da súa finca (por mor de obras que ten que realizar) e vanse replantar no cemiterio municipal de Condide. Ese será o destino da árbore que está na Casa do Concello que ten o cepellón enteiro. Non sei se a árbore terá danos ó estar no interior (son lego nesta materia), pero a intención e replantalo e ogallá sexa con éxito.
Claro que é unha salvaxada curtar pinos do monte para o nadal. En Pontecesures xa non temos nin a tentación, pois no noso monte xa non queda ningún, logo da vaga de lumes do ano pasado.

Responder a Luis Angel Sabariz Rolán Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.