Na mañá deste domingo de entroido, ademais de aparecer derrubado o ancla do peirao, tamén apareceron dúas pintadas con spray de cor verde co seguinte texto: «Dimite Maribel». Están situadas, ámbalas dúas, na rúa San Lois. Unha na beirarrúa, practicamente diante do supermercado Froiz, e a outra na fachada do edificio onde está ubicado o Banco Pastor, preto do caixeiro automático.
Tamén apareceu pintado o sinal colocado hai uns días para a limitación horaria dos estacionamentos, que se atopa na rúa San Lois, preto de «Golosinas Castiñeiras».
Coa mesma pintura, tamén apareceu nun edificio en ruínas (antigo club de Nestlé), na fachada da rúa San Lázaro, a inscipción «Jhonatan», e o debuxo coa cara dun boneco.
De novo, como cando as pintadas foron na miña casa, reaparece a intolerancia. A algúns, ós que non lle sentaron ben os resultados e as consecuencias electorais, parece que tampouco lle sentou ben o sábado de entroido.
O marxe de que sexa un acto de vandalismo igual esas pintadas queren decirvos algo.O cabreo que ten este pobo co da zona azul.Ou mais ben co maravilloso reparto de discos.Estades que vos saides non dades con unha no cravo.Animo seguide chapuceando.
Para pedir a dimisión dun alcalde ou alcaldesa, non hai necesidade de facer pintada algunha. En fin, intolerancia, gamberrismo e covardía.
¿Cabreo do pobo contra a zona azul?. «Xiana Cores», eu non o percibo en absoluto
Pois si non percibes o cabreo e que estas cego e xordo e perdoa que cho diga asi.Leva uns dias o comentario na rúa ademais creo que nesta paxina xa cho deixaron ben clariño.Igual o que pasa que non che interesa percibir estas cousas.
Non creo o das críticas maioritarias á zona azul «xiana cores». Estaslle poñendo un altofalante a algunha conversa politizada.
Hai que organizar a distribución dos discos. Eso sí.