Angueira no explica la realización de 1.249 mensajes al mismo número desde el teléfono de la alcaldía.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

El portavoz del BNG de Pontecesures, Luis Álvarez Angueira, envió durante un período de seis meses 1.650 mensajes a través del teléfono móvil de la alcaldía. De estos, 1.249 se produjeron al mismo número y hubo jornadas, como la del 30 de diciembre, en que se contabilizan 41 mensajes sucesivos al mismo destinatario en un tarde.

Los datos los destapó el concejal del grupo de los no adscritos y miembro del grupo de gobierno, Luis Ángel Sabariz, y los presentó en el pleno del lunes con el propósito de que el ex alcalde diese alguna explicación al respecto. No lo hizo.

El nacionalista estima que no tiene obligación de justificar el uso de su teléfono móvil e invitó a quienes así lo consideran a que acudan al juzgado.

Sabariz calificó el caso de «insólito e inconcebible» y cree que Angueira sí debería justificar el uso de este teléfono por tratarse de un servicio que financia el Concello. El mismo aparato y número que usaba Angueira lo utiliza ahora la alcaldesa Maribel Castro. «¿Quixera saber como se pode gobernar a golpe de mensaxe?, se preguntaba ayer Sabariz Rolán quien no descarta que el caso pueda ser llevado ante la justicia a través de la fiscalía.

Sabariz fue el miembro del grupo de gobierno que hizo más hincapié en este asunto. El PP, por su parte, considera que no son cuestiones que se deban llevar al pleno municipal si bien censuró la actitud de Angueira en relación a su actuación en la gestión municipal.

LA VOZ DE GALICIA, 02/04/08


37 comentarios

DON PEPITO · 2-04-2008 a las 17:27

Sr. Sabariz si pensa cos sms non teñen relación algunha co Axuntamento, fagaos publicos, ou senon denuncie. Así esta acusando a unha persoa sen presentar probas.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-04-2008 a las 19:16

Mira «DON PEPITO». Por lóxica, todo indica que 1.249 SMS á mesmo número nada teñen que ver coa xestión municipal e por iso se lle fixo a pregunta no pleno ó ex alcalde para que nos aclarase o tema. Foi no pleno, porque éste e o órgano de fiscalización e control da xestión municipal. Xa coñeces a resposta do Sr. Álvarez Angueira: Ningunha
Obviamente non debo informar do número do destinatario como dís. As probas están nas facturas.

error07 · 2-04-2008 a las 19:28

Pusiste tres entradas que ponen lo mismo, ¿despues dices que no estas obsesionado con Angueira? esta claro que no te lo va a decir, si estas tan seguro que fueron para uso personal, DENUNCIA. Mi opinion es que quereis desviar la atencion del pueblo, asi nadie juzga vuestras chapuzas. Cada dia que pasa menos me gusta vuestro gobierno.

P.D.: bonita imagen de la «obra» que van/iban hacer delante de graficas palermo.

Toc Toc · 2-04-2008 a las 20:15

Eu penso señor Sabariz que o que tes e mania e rabia a Angueira, non sei que che fixo a ti, por que por moi ben ou moi mal que fixera as cousas durante o tempo que estivo de alcalde, a xente non lle ten tamta mania como che teñen a ti mais de medio pueblo e parte da corporacion municipal, en todolos acontecementos apareces ti polo medio, dende logo eu que ti desapareceria.

adiosrios · 2-04-2008 a las 21:38

Realmente é pesado Sr. Sabariz. Eu non son do bloque, son un cesureño máis, e realmente non me gosta faltarlle a xente, pero a verdade é que é un «tocahuevos». Deixe de raiar neste medio o noutro calquera, una a xente e non divida, que xa son moitos anos igual. Perdón, a verdade é que si que une en algo, os cesureños non o poden ver.
Creo tamen, que estar no concello as 12 da noite falando polo teléfono, conectado a internet non é precisamente un bo exemplo cando vostede insiste no dos mensaxes.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-04-2008 a las 23:39

Se te refires. «error07» ó solar que hai fronte á Librería Palermo cun valado de madeira semiderrubado e cunha grúa toda oxidada dentro tes toda a razón. O estado é lamentable e hai que esixirlle ó titular que acondicione a súa propiedade.
Sobre as mensaxes que queredes que vos diga. O culpable e Sabariz (non podo dicir neste caso o mensaxeiro, porque foi outro o que enviou ás mensaxes), coma sempre e chamádesme de todo «tocahuevos», que divido o pobo, que debe desaparecer do pobo, que nadie me pode ver. Realmente e inxusto e triste. A miña idea da ética, da moral e da política non coincide coa vosa. Eu en política non podo admitir que un membro dunha corporación se quede tan pancho e non conteste sobre as razóns de envíar esta cifra incrible de SMS a un mesmo número. Non vou citar outra vez outros comportamentos que tivo o Sr. Alvarez Angueira (atentado contra a liberdade sindical, comidas con acompañantes sen identificar, e falla de respecto ós principìos maís elementais da transparencia e claridade na xestión dos asuntos públicos).
¿Que considerades que o culpabel son eu?. Eu non o vexo así. Aínda que me quede so, metres sexa concelleiro sempre defenderei no que creo. Ninguén me vai calar. Isto para min é unha cousa moi seria. Por enriba de todo está denunciar as actitudes dos que veñen a servirse das institucións. Serei utópico, serei pesado, serei insistente, pero é a miña forma de ser.
Saúdos a todos.

error07 · 2-04-2008 a las 23:52

A esa me referia, que ya lleva su tiempo asi, si no se va ha construir por lo menos quitar o arreglar esa vaya de madera.
Creo que nombrando las actuaciones de Angueira, no vas a conseguir nada por su parte y de la de los vecinos solo conseguiras que digan: eres un pesado, que estas obsesionado con el, etc. Tu te lo buscas. Un saludo

DON PEPITO · 3-04-2008 a las 09:24

Se ten probas Sr. Sabariz fagaos publicos, teña seguro que o Sr. Angueira fariaos publicos, se ó caso fora ó reves.
E falando doutro tema, na rotonda hai uns buxos que cortan a visibilidade os conductores que circulan pola carretera N-550 dirección santiago-pontevedra, estiveron cortando a herba, pero os buxos deixaronos igual.

basta · 3-04-2008 a las 09:50

Que o Sr.Sabariz resulte pesado por repetir, unha e outra vez as irregularidades do anterior alcalde ata ser considerado por uns, e un servidor, de «pesado e toca ovos», é algo ao que xa estamos afeitos. Repite e repite ata a saciedade o mesmo, e non lle chegan os múltiples comentarios neste foro para descualificalo.
Agora, ao que tamén parece que nos estamos a afacer, é a que o ex rexedor, poida saír airoso dun pleno polo mero feito de retar aos seus adversarios políticos a levalo aos tribunais para demostrar unha acusación.
Creo recordar que o Sr.Angueira non contaba con teléfono privado na súa época de rexedor, o que facía que utilizase fondos públicos para as xestións municipais e para as de ámbito privado
Este detalle, é máis que suficiente para reprobalo, e como non, suficiente para ter dereito a pedirlle explicacións, e para que el teña dignidade a ofrecelas.
Sabariz aburre, e a chulería de Angueira, ¿non vos aburre?
Parece que algúns cando lle dan o voto nos comicios, tamén lle dan o dereito de mexar por eles.
Quero recordar que o noventa por cento dos meus comentarios nesta páxina, foron para criticar ao actual tripartito por numerosos feitos que non me agradaron, outros si(poucos), pero do anterior goberno, non todo me vale, e a actitude de Angueira en casos como este, digna de dimisión.

basta · 3-04-2008 a las 11:06

E verdade que Sabariz elude a resposta en temas coma os recibos da gardería atacando cos sms de marras, e ti veciñamil, que opinas dos sms, ¿gustouche a explicación de Angueira? Non fagas coma Sabariz e te escurras…

veciñamil · 3-04-2008 a las 12:17

Pois non, pero supoño que non tería tampouco moita resposta que dar se o que pasou é que empregou o móvil para uso persoal. Agora ben, estou por apostar que Sabariz tamén emprega o móvil ou o teléfono do concello para uso persoal e creo que non me vou a equivocar, o que sucede é que un uso é máis chamativo que outro (porque non se coñece). En definitiva «basta» ao que preguntabas, a resposta non foi a máis lucida de Angueira.

basta · 3-04-2008 a las 12:30

Sorprendeume e alegroume a túa resposta, veciñamil, grazas polo teu exercicio de humildade.

Defender a alguén, non pode ser «a muerte», porque non todo vale.

Esperarei por algún que outro exercicio de humildade de Sabariz no referente aos recibos da gardería ou ás subcontratas do «yernísimo»

Tuso · 3-04-2008 a las 14:00

Si ou non «veciñamil», a resposta do Sr. Angueira pode considerarse a másis lúcida ou a menos lúcida, depende de como se mire, porque nos últimos tempos é a única resposta que da. Feito que me parece vergoñento.

Como vergoñento me parece que diga que o do campo de futbol lle parece moitos cartos e acto seguido se negue a contestar sobre os seus gastos. Se lle parece que 200 e pico euros son poucos cartos, que avise, que a min non me importaría que mos dera. A este señor ben que lle gusta pedir explicacións e aclaracións, pero vese que o de dalas non vai con él. Creo que é unha falta de respeto para TODO o pobo.

Tamén me parece vergoñento o silencio (teño que entender que cómplice?) do resto dos compoñentes do grupo do Sr. Angueira.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-04-2008 a las 14:53

Eu non eludo nada. ¿Que queredes que vos diga polos recibos da gardería?. Está todo dito. Houbo unha demora como noutros temas dende hai anos: a notificación das licenzas de obras, os trámites das aperturas, etc… Hai que tratar de mellorar a xestión municipal.
O sábado pola mañá, se queres explicoche os gastos teléfonicos nas oficinas do concello, «veciñamil». ¿A que hora quedamos?

veciñamil · 3-04-2008 a las 15:06

Non me deixa o meu marido mesturarme con persoas raras nen enfermas. Espero que a oposición faga ese traballo sen fobias e sen odios.

veciñamil · 3-04-2008 a las 15:07

E Tuso, creo que xa te levas moito máis de 200 ? sen merecelo.

Luis Angel Sabariz Rolán · 3-04-2008 a las 15:15

Mal asunto, «veciñamil». Así non podemos continuar. Eu trato de respostarche con respecto e ti tratas de humillarme. Non estamos a utilizar a mesma baralla. No das a cara. Xogas coas cartas marcada. ¿Sabes o que és?. Un covarde.

Tuso · 3-04-2008 a las 16:42

«veciñamil» non sei a que se refire con eso de que me estou a levar cartos.

Se quere deixe de desviar o tema. Xa sen entrar no bo ou mal uso do móbil en cuestión…¿a vostede que lle parece que unha persoa non de NINGUN tipo de explicación (teño entendido que nin o intentou) cando se lle pide que xustifique un gasto feito cos cartos públicos?. A min repito que me parece vergoñento, e que pode pasar unha vez, pero non mais. A vostede igual lel parece normal.

Parécelle ético e coherente que a cabeza visible do grupo político que debe fiscalizar ao goberno municipal sexa a mesma que se nega a xustificar en que gastou os cartos DE TODOS? A min non.

Parécelle normal que un partido que presume de ser de esquerdas, progresista (e todas esas cousas que eles mesmos se din) esté arroupando actitudes como esa?

veciñamil · 3-04-2008 a las 17:57

¿eres un covarde! en tal caso será unha covarde ou non entendes de feminino e masculino. Ti dis que non che importan quenes son os que se atopan detrás dos seudónimos, e agora insultas ti chamándome covarde, logo estás a insultar a todos os que escriben baixo un seudónomino, que son a inmensa maioría. por non decir caseque todos, pois ti de seguro que tamén escribes co seudónimos.
Parece que cando che doen as verdades arremetes insultando. estou contenta porque vou por bo camiño. Dille a Fruqui que non se encomode home, que ainda que nunca tiven ocasión de falar con el e coñecelo algo paréceme que se pica bastante ben.

Tiroliro II · 3-04-2008 a las 18:03

Non defendas o mangante veciñamil que ti levas calzoncillos, para quen serían as mensaxes? señorita, señorona, por que para Quintana non serían. ja,ja,ja

fru · 3-04-2008 a las 18:07

Tuso, coma podes ver alguén non se enterou todavia que ti e eu NON somos a mesma persoa, en fin, non me extraña, vindo de quen ven…

veciñamil · 3-04-2008 a las 18:28

Home fru, das a entender que me coñeces,eu penso que nunca tiven ocasión de falar, falar contigo e non é moito o que te coñezo, pero picar pícaste bastante ben, jo, jo, jo. Dille ao teu «amigo» Sabariz que non se mosquee que non é para tanto, ao fin esto non é máis que un divertimento,ja, ja ,ja. «E o xenro cuasi empleado do concello, e ti balóns fora». Que me dis a eso fruqui ou tuso ou os dous

fru · 3-04-2008 a las 18:40

Ben, canda quen entende o que quere… e o que digo é que segues erre que erre con Tuso e conmigo. Parece que me teñas mania. Xa cho dixen unha vez: EU NON SON TUSO, pero repito, non me extraña vindo de quen ven…
Pero recoñezo que, nalgunhas cousas, estas mais enterada ca min. Cando queiras as debatimos tomando algo (non te preocupes que esa a pago eu).

SanXulian · 3-04-2008 a las 20:47

Ultima combinación, e «veciñamil e fru» serán os mesmos?

fru · 3-04-2008 a las 23:34

Esa é boa SanXulian… riamonos pois.

E non «veciñamil» non me pico. ¿Porque? ¿De que? Cando ti insinuas, riome. Cando me mencionas directammente, respóndoche. Nada mais.
Falando de obsesions, xa non é a primeira vez que te preocupa do meu soldo, do que gano. Coma se o roubase, ou tivera que matar. E non é iso. Que me pagan o estipulado, nada mais. Coma xa o sabes.
E cando se acabe, pois a outra cousa…
E NON SON «TUSO», pero tamén che digo que coma se o fose, pois me parece dos mais cabales por aquí, e coincido nas suas opinións nun 90 % das veces (polo menos). ¿CREESME? Ben. ¿NON ME CREES? Alá ti.
Fin da historia. Boa noite.

Tuso · 4-04-2008 a las 11:48

Pois xa non é a primeira vez que din que somos a mesma persoa, «fru», e tampouco é a primeira vez que se desminte. Como ti ben dis, é problema de quen non o crea. En calquera caso a min non me molesta a confusión.

De todas as formas, creo que «veciñamil» si que sabe que somos distintos, porque parece que a ti si que che replica, e a min non, xa que ten pendente de respostar (se quere claro), ás preguntas que lle fixen no meu comentario de onte ás 16:42.

Ou iso ou poderíase pensar que o interés real que ten esta persoa é distorsionar o tema e desvialo da orixe, que non é outra que «Angueira no explica la realización de 1.249 mensajes al mismo número desde el teléfono de la alcaldía.», por moito que pareza que lle pese.

Pepe de San Xulian · 4-04-2008 a las 14:33

Onde andará xiana?. Perdeuse, agochouse, que opinará das menxaxes?, desaparecida?, a ver si volve para darlle «glamour» a páxina.

Becquer II · 5-04-2008 a las 09:42

Las cosas hay que saberlas
descarado el personaje
para qué tanto mensaje
Angueira vivía de perlas.

Tenía el vicio de balde
y no se debe aceptar
que tengamos que pagar
las juergas del ex alcalde.

Comidas y combustible
varias cosas por el «morro»
nos pasaba por el «forro»
con chulería increíble.

Se debe acabar el mal
y mandarlo para casa
no esperar a ver que pasa
¡Acudir al tribunal!

Vaticanista · 5-04-2008 a las 18:50

Mandaríalle os SMS Angueira ó Espiritu Santo?, penso que esta non tiña forma de paloma, nin moito menos.

sobreiras · 5-04-2008 a las 19:18

¡Erache o que nos faltaba!, pagarlle os mensaxitos o Sr. Alvarez. Nin que fose un quinceañero. Este home non ten defensa, é incrible que algunha xente aínda lle teña fé. A verdade e que como o Pleno non e un tribunal (él nunca respetou este órgano de goberno), debedelo levar a un tribunal de verdade. Contra a Lei de Liberdade Sindical, o gasoil, as comidas con acompañante, a chatarra, a expulsión dun sindicalista do Concello como si fose a súa casa, a obra de Ferocho, o cable da fotocopiadora, cerrarlle as portas do Concello os concellleiros, non darlle información, non contestar non plenos as preguntas da oposición, enchufar aos seus amigos no concello…etc. etc. ¿Que máis queredes?

Tiroliro II · 6-04-2008 a las 16:10

Os dirixentes do bloque en Santiago quérenlle dar porta a Angueira polos problemas que crea, con titulares de prensa incluídos, non saben como facer xa que faise forte e non ten que lle plante cara en Cesures. Todos os do bloque a calar e a facer o que diga angueira, una secta, a da Cocha era a gran esperanza pero nada, cero en personalidade, un bluff que non aporta nada.

Pepe de San Xulian · 7-04-2008 a las 16:14

xiana a que tes medo? non te agoches da a cara coma antes. Explicate. Facialo moi ben, moi ben.

manolo · 7-04-2008 a las 16:53

Xiana debe andar xogando ao escondite con Sabariz, pois onte tampouco o vin polo pobo. O gran ausente sen duda da xornada… raro, raro, raro…

manolo · 7-04-2008 a las 17:53

ULTIMA HORA
Xiana e Saba andan escapados da xustiza, logo de pesar sobre eles unha orde de busca e captura. O Xuiz ten probas máis que suficientes contra eles de provocar intencionadamente o accidente da alcaldesa onte pola mañá.

Luis Angel Sabariz Rolán · 7-04-2008 a las 19:23

Ben pola ironía, «manolo». Segundo as informacións que teño a alcaldesa caeu na mañá de onte nas proximidades do edificio do mercado (traspié preto dos bolardos que impiden o paso de vehículos á praza da Lonxa). Serían os nervios polas celebracións.

manolo · 7-04-2008 a las 21:53

Alégrome de que o tomaras con sentido do humor. Intenta non perdelo que che vai facer falta cando fagas o reconto de tickets vendidos e invitacións para a festa da lamprea.
Este ano non terás que pedir as contas, este ano suponse que as terás de primeira man.
Sorte e paciencia.

xiana cores · 8-04-2008 a las 00:27

Moi bo o chiste Manolo pero a verdade acabome de enterar de que a Alcaldesa caera onte xa que eu acabo de chegar.Alegrome de que a Sabariz tamen lle fixese gracia.
Agora o de poñer serian os nervios pola celebración Sabariz sona un pouco a cachondeo.
Pero bueno sigue coa ironia.

Responder a SanXulian Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.