• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Sociedade / Os maiores de Valga tamén contan.

Os maiores de Valga tamén contan.

30-06-2008 por Luis Angel Sabariz Rolán Dejar un comentario

p048genn01_1.jpg

Medio cento de maiores de Valga acudiron ao Castelo de Soutomaior recibir a homenaxe da Deputación.

Logo dun ano cargado de actividade, a Deputación de Pontevedra fixo o acto de entrega de diplomas a máis de setenta asociacións da provincia que participaron no programa ??Ti tamén contas?, dirixido a fomentar a participación activa dos nosos maiores. E novamente, e con esta xa van tres, Axentiva, a asociación de maiores de Valga, acudía ao Castelo de Soutomaior para recibir a súa acreditación como participantes.
Arredor de medio cento de veciños das distintas parroquias valguesas partían o mércores pola tarde con destino a Soutomaior para recibir o merecido premio a un ano de traballo. Este curso, a actividade que levaron a cabo conxuntamente co organismo provincial foi de técnicas de relaxación, unha iniciativa coa que desfrutaron todos os participantes, tanto en Valga como en Campaña.

Moita festa > O acto, ademais da correspondente entrega das certificacións, estivo marcado por un claro ambiente festivo xa que a maioría das asociacións que participaron achegaron unha agrupación musical que fixo as delicias dos asistentes, non só dos compañeiros, senón tamén dos políticos que alí se congregaban, como foi o caso das vicepresidentas Teresa Pedrosa e Corina Porro e o presidente provincial, Rafael Louzán.

Os valgueses non quixeron ser menos e por primeira vez, acudiron ao Castelo acompañados por unha representación das cantareiras que ensaian en diversos lugares do municipio e que fixeron as delicias dos asistentes.

Despois do acto central, chegou a hora da merenda, na que os participantes degustaron todo tipo de produtos: zorza, orella, chourizo, empanada, tortilla, pasteis, etc, todo regado cun bo viño galego, logo da xornada calorosa.

DIARIO DE AROUSA, 30/06/08

Archivado en:Sociedade Etiquetado con:Pontecesures, valga, xunta

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Peores datos COVID hoy lunes.
  • Finou Ilda Penedo Gaspar.
  • Datos COVID de hoxe domingo.
  • La iluminación de la rotonda de «A Tarroeira» en la N-550 continúa inoperativa.
  • El COVID en Ulla/Umia.

Comentarios recientes

  • Agustín iglesias crespo en Treinta años entre Pontecesures y Angola.
  • lampreadoulla en Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Campaña concurso plaza la voz de galicia curso fútbol festa santiago sábado pp pleno Porto Vigo sar n-550 BNG xunta obras iglesia Historia Diario de Arousa Maneiro Catoira Ulla tripartito Pontevedra sabariz padrón Angueira psoe correo gallego Caldas fiesta protección civil Vilagarcía Concello tren lamprea faro de vigo ACP a ponte Pontecesures fin de semana río ulla valga

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños