Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Cultura

Entre Patifas

Por Antonio Cortés ·

Un filme documental de Pachi Baranda (2007).

Trátase dun achegamento ás andainas destas mulleres que cargaron coas â??panelasâ?� na cabeza, como elas denominan aos cestos que empregaban para gañarse a vida cando os tempos non eran doados. Cada unha delas tiña un alcume e un cesto cheo de ilusións e gañas de tirar para adiante.

Elas fálannos dos malos momentos, das penas e tamén das alegrías. Nós só escoitamos. Para saber un pouco desa memoria abonda con escoitar a quen ten moito que contar.

Curtametraxe gravada en Pontecesures (Pontevedra) no nadal de 2006.

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.