Entre Patifas

Publicado por Antonio Cortés en

Un filme documental de Pachi Baranda (2007).

Trátase dun achegamento ás andainas destas mulleres que cargaron coas ??panelas? na cabeza, como elas denominan aos cestos que empregaban para gañarse a vida cando os tempos non eran doados. Cada unha delas tiña un alcume e un cesto cheo de ilusións e gañas de tirar para adiante.

Elas fálannos dos malos momentos, das penas e tamén das alegrías. Nós só escoitamos. Para saber un pouco desa memoria abonda con escoitar a quen ten moito que contar.

Curtametraxe gravada en Pontecesures (Pontevedra) no nadal de 2006.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.