BALONCESTO: O EXTRUGASA RIO ULLA LOGRA UNHA NOVA VICTORIA CONTRA ESTUDIANTES DE PONTEVEDRA, RIVAL DIRECTO POLA SALVACION (56-60)

Publicado por fru en

ESTUDIANTES PONTEVEDRA = 56

 

EXTRUGASA RIO ULLA = 60

J.L. (8), Peñaño (8), Diego (8), Pedro (3), Nacho (15), Santi (6), Arturo (3), Pepi (9).

 

Nacho, aqui con Mauri de o CB Grove,  foi o máximo anotador e reboteador na tarde de onte en Pontevedra.

 

 

Con esta victoria o Extrugasa mantén as posibilidades para evitar o descenso,  pois caso de ter perdido onte suporía ter ??pe e medio? na 2ª división. Agora mesmo seguimos dependendo de nos para salvar a categoría, ó faltarnos por disputar 4 partidos, e rematar os 12 minutos do que se tivera que aprazar contra Ribadumia. Así, con Pontevedra temos unha victoria mais e o ??basket average?, xa que contra este equipo perderamos na nosa casa por 1 punto o anotar os pontevedreses unha tripla á desesperada no final do encontro.

 

Esperabamos unha zona dos locais e así foi. Nos 40 minutos zona 2-3, e Diego dende o exterior, e sobre todo Nacho e Santi na zona lograron poñernos diante dende o inicio (min. 5: 5 ?? 8). Unha boa defensa deixou ós pontevedreses en 9 puntos ó final do cuarto, e o Extrugasa tiña anotados 14, pero a mala porcentaxe de tiro impediu ter un marcador maior ó noso favor.

 

No 2º cuarto floxeamos no ataque, con varios erros que supuxeron canastas fáciles dos locais, que logran un parcial en 5 minutos de 12 a 4 (min.15: 21 ?? 18). 2 lanzamentos exteriores de Diego e Pepi a 5 metros poñen o partido nun 23 a 22. Cachote anota unha tripla importantísima que adianta de novo ó Extrugasa (xa non irian abaixo mais no partido). Gulli e Diego, cunha tripla cada un antes de rematar o cuarto manteñen ó Extrugasa arriba: 28 ?? 31.

 

Na segunda parte o Extrugasa mantívose arriba con diferencias mínimas. No 3º cuarto xogouse de novo mais en equipo, buscando os cortes e balons a postes, logrando ir sempre por diante. Arturo, Nacho e Pepi anotaban debaixo do aro local, pero os pontevedreses, a base de accions moitas veces individuais mantiñanse no partido. 40 ?? 42 o final do 3º cuarto.

 

E no desenlace acertan Diego e Pepi con 2 triplas que poñen ó Extrugasa 6 arriba (min 35: 44 ?? 50). Extrugasa ataca pero erra, inda que por 2 veces colle o rebote, o que lle permite estar 1 minuto ca posesión, chegando a pouco mais de 1 minuto 2  arriba: 52 ?? 54. O partido entra nunha fase de moitas faltas, tiros libres, e tempos mortos. Peñaño recibe unha falta e anota 2 tiros libres 52 ?? 56. Logo Pontevedra erra e Extrugasa rebotea. Nova falta a Peñaño que anota 1 tiro libre mais e faltando uns 30 segundos (52 ?? 57). Pontevedra que ataca e logra sacar unha falta, pero só anota un tiro libre (53 a 57). Os locais que presionan e fan falta sobre Arturo que anota 1 tiro libre de novo (53 ?? 58), quedando uns 17 segundos. Os locais que meten unha tripla quedando 12 segundos (56 ?? 58) e finalmente Peñaño que recibe falta quedando uns 10 segundos, e sentencia o partido con 2 tiros libres. Os locais erran o seu ultimo lanzamento de 3 e a victoria e o average decántanse do noso lado (56- 60).


2 comentarios

cachote · 8-03-2009 a las 15:07

agora mesmo temos unha victoria mais q pontevedra e cambados. Cambados perdeu con vilanova segun me informan da axencia Efe… asi q estamos fora de descenso, e con 2 partidos menos que os outros 2 equipos… xa sabia eu q non eramos tan malos.

fru · 8-03-2009 a las 16:02

Importante resultado se Vilanova, que se xoga meterse na final four, lle gañou a Cambados. Que partido nos espera para a vindeira fin de semana en Cesures, seguramente o domingo ás 6 da tarde, contra os cambadeses. Gañar, e non digamos por mais de 11 puntos (os que perdermos alá) nos deixaría moi cerca da permanencia…

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.