• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Concello / Pontecesures renovará a súa paisaxe urbana coa reforma das rúas céntricas.

Pontecesures renovará a súa paisaxe urbana coa reforma das rúas céntricas.

14-03-2009 por Luis Angel Sabariz Rolán Dejar un comentario

Algunhas das principais rúas de Pontecesures renovarán a súa imaxe nos vindeiros meses coas diversas obras tanto para o núcleo urbano como para o lugar de Porto.
Unha destas actuacións xa está en marcha. Comezou hai escasos días nas rúas Portarraxoi, San Lois, Sagasta e Víctor García, onde se están a renovar as farolas de alumeado público, a meirande parte das cales quedarán obsoletas posto que teñen máis de 20 anos de antigüidade. Deputación Provincial e Concello invisten máis de 238.000 euros, que suporá a substitución de 48 farolas no centro da vil e a instalación de 114 novos puntos de luz.
Esta mellora do alumeado non será a única das obras que se execute nestas rúas céntricas, senón que o goberno municipal porá en marcha nas vindeiras semanas o proxecto de urbanización e dotación de novos servizos tanto na jPrazuela coma nos viais Portarraxoi, San Lois, Sagasta, Víctor García e Travesía do Automóbil. A financiación, 555.556 euros, provirá nesta ocasión do Fondo Estatal de Inversión Local.
As obras consistirán na instalación de rede separativa de saneamento e renovación das tubrerías de augas, ademáis de mellorar as beirarrúas que, no caso de Ssan Lois pasarán a medir 1,8 metros de ancho, mentres que en Sagasta e Víctor García chegarán a 1,9. Tamén está prevista a colocación de mobiliario urbano como papeleiras, xardineiras e bancos.
Na praza do Coche de Pedra instalarase pavimento de pedra morena para convertila nun espazo máis acolledor, mentres que o proxecto da Plazuela contempla a mellora do pavimento, que se asentará sobre unha base de formigón, a corrección dunha grieta no muro da balaustrada, o saneamento e a colocación de bancos de pedra e forxa.
Aínda así, a actuación máis ambiciosa de todas cantas se pretenden levar a cabo nas rúas da vila afectará á zona de Porto. A Deputación ten comprometida unha inversión cercana aos dous millóns de euros para o arranxo da rúa Deputación e da Avanida dos namorados. No primeiro dos viais melloraranse as beirarrúas, o mobiliario urbano e botarase unha nova capa de rodadura.
Na Avenida dos Namorados o investimento pode chegar aos 1,2 millóns para instalar unha varanda paralela á vía do tren, construir beirarrúas a ambas marxes da estrada, habilitar zonas de estacionamento, colocar alumeado público, mobiliario, arbolado e canalización de servizos. O proxecto comtempla tamén a creación dunha plozoleta de granito e adoquín á altura da churrasquería O Candil.

DIARIO DE AROUSA. Especial 8º Aniversario. 14/03/09

Archivado en:Concello Etiquetado con:aniversario, Concello, Diario de Arousa, obras, Pontecesures, Porto, tren

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • O CONCELLO DE PONTECESURES LEMBRA A ROSALIA DE CASTRO NA DATA DO SEU ANIVERSARIO.
  • AVISO POR CORTE DE TRAFICO
  • OFERTA DE EMPREGO PARA GAMA E HIJOS.
  • MERCORES 3 DE MARZO DOAZON DE SANGUE EN PONTECESURES
  • AVISO DE CORTE Ó TRAFICO NA TRAVESIA DOS MUELLES

Comentarios recientes

  • Antonio en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • María José Magariños Magariños en Biografía de Elisardo Temperán Villaverde.
  • lampreadoulla en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.
  • Antonio en Os socialistas preguntan polo uso que se lle vai dar á Nissan que se adicaba a Protección Civil.
  • Vox Pontecesures en Críticas en las redes sociales al alcalde por el destino del vehículo de Protección Civil.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

Campaña Historia tripartito pleno protección civil BNG fiesta Pontevedra Diario de Arousa faro de vigo río ulla ACP obras tren Vilagarcía Caldas Catoira fútbol concurso Ulla la voz de galicia sar Pontecesures Porto curso padrón plaza psoe iglesia xunta festa n-550 santiago valga sábado Vigo a ponte fin de semana correo gallego sabariz Maneiro lamprea pp Concello Angueira

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños