• Ir a navegación principal
  • Ir al contenido principal
  • Ir a la barra lateral primaria

Pontecesures

Web non oficial de Pontecesures

  • Inicio
  • Como Colaborar
  • O Concello
  • Cómo Chegar
  • Normas de Uso
  • Legal
  • Entrar
Usted está aquí: Inicio / Cultura / «Centremos as nosas miradas no fundamental de todo belén; o amor de Deus ao home».

«Centremos as nosas miradas no fundamental de todo belén; o amor de Deus ao home».

7-12-2009 por Luis Angel Sabariz Rolán Dejar un comentario

Nasi García, integrante da asociación ??Amigos do Belén? foi a encargada de abrir o turno de intervencións e instou aos visitantes a non mirar só ??o material, o técnico, o movemento das figuras. Centremos as nosas miradas e o noso corazón na idea central de todo belén, que é manifestar o amor de Deus ao home, vindo a este mundo e facéndose home para salvarnos?. En base a isto recordou cal é a orixe e o significado dos nacementos que proliferan por boa parte do mundo nestas datas de Nadal. Foi no ano 1223 cando San Francisco de Asís, co permiso do Papa Honorio II, impulsou na pequena poboación italiana de Grecio o primeiro belén vivinte. As xentes foron cantando e con antorchas acesas ao lugar onde vivían os frailes franciscanos e alí, nunha gruta onde había un pesebre, prepararon un altar, colocaron unha mula e un boi e ??aquela noite Grecio convertiuse nunha nova Belén?, lembrou Nasi García. Dende aquel ano as representacións do nacemento de Xesucristo estendéronse por toda Italia e logo Alemaña, España e América, grazas aos frailes franciscanos. No noso país un dos grandes impulsores dos beléns foi o rei Carlos III.
Inicialmente estas representacións eran completamente bíblicas e nelas aparecían só personaxes, paisaxes e costumes dos tempos nos que naceu Xesús, en Palestina. Co paso do tempo ??agregáronse outros personaxes e outras costumes propias da época e das zonas onde se establecían?. Un bo exemplo é precisamente o belén artesanal de Valga, no que conviven o nacemento de Xesús ou a adoración dos Reis Magos co traballo, as festas e o folclore local.

DIARIO DE AROUSA, 07/12/09

Archivado en:Cultura Etiquetado con:Diario de Arousa, valga

Interacciones con los lectores

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Barra lateral primaria

Entradas recientes

  • Seguen as cifras alarmantes de contaxiados COVID na zona.
  • Pontecesures y Bueu ya superan los 500 casos de incidencia acumulada.
  • Miguel Piñeiro, altavoz para lo bueno y lo malo de la pesca gallega.
  • Miguel Piñeiro vuelve a lucir sus dotes como pescador en Noruega.
  • Incidencia desbocada de contagiados en Pontecesures y Valga.

Comentarios recientes

  • Sanrtiago en Recuerdos y añoranzas: El Tiruliro.
  • Indignado en Aumenta la preocupación por los contagios.
  • Ana en Para o BNG de Pontecesures a xestión do alcalde é «traumática».
  • charly en VIDEO INFORMATIVO SITUACION COVID 12.01.2021
  • Luis Ángel Sabariz Rolán en Licitada la redacción del anteproyecto de la ETAP en Padrón.

Ligazóns

  • A. C. Xarandeira
  • Adriana Ghaiteira
  • Apuntes de Modelismo
  • BNG Pontecesures
  • Desarrollo empresarial en el medio rural de la comarca de caldas.
  • Dr Zippie
  • El show de los payasos
  • Federación Galega de Dardos (FEGADE)
  • FEGACLASIC
  • Foro da Ponte
  • Furia Athletic Club
  • Horarios Renfe
  • Hotel a Casa do Río
  • Manuel Doce
  • Parroquia de San Xulián de Pontecesures
  • paxina blog do CB Rio Ulla
  • Porto en Pontecesures
  • PP de Pontecesures
  • Pub Komplo
  • Socialistas de Pontecesures
  • Web do concello

Nube de etiquetas

concurso protección civil Pontevedra Pontecesures la voz de galicia padrón faro de vigo BNG fiesta Maneiro valga iglesia santiago festa obras Vilagarcía Porto curso Campaña sábado tripartito fin de semana río ulla n-550 plaza a ponte correo gallego lamprea psoe ACP sabariz sar fútbol Vigo Concello Diario de Arousa Ulla Caldas xunta Angueira Catoira pp Historia tren pleno

© 2021 · Desde 2005 manteniendo informados a los cesureños