A noite de fin de ano, a orquestra París de Noia estará en Chanteclair.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Paris

Categorías: Sociedade

6 comentarios

Xanma - Porto do Son · 1-01-2010 a las 12:11

bos dias é feliz aninovo!! alguén sabe a que hora abre hoxe 1 de xaneiro a Chanteclair???

Luis Angel Sabariz Rolán · 1-01-2010 a las 16:23

Pois Chanteclair abre ás 18 horas, aproximadamente. A orquestra París de Noia comezará ás 19 horas, segundo fontes da dirección.

Xanma - Porto do Son · 1-01-2010 a las 16:29

Grazas Luis Ángel pola información feliz aninovo pra todos vos, ai estaremos arroupando a Paris!!!

estudiante · 2-01-2010 a las 13:46

Canto che paja Cnantecler pola publicidá que lle fas aquí. Unha de dúas ou che paja moito ou estás en contra de Maty(pode que incluso as dúas cousas) porque o día de apertura tivo un éxito impresionante de xente que deixou valeira Chantecler peri ti diso non dixeches absolutamente nada. Está claro que queres que cesures non teña movida nocturna no casco urbán. Eso foi o que fixeches ti e mailo médico, acabar coa movida cesureña e non queredes que volva a rexurdir. Vaia políticos de pacotilla.

Luis Angel Sabariz Rolán · 2-01-2010 a las 14:06

Estás a facer unha acusación de corrupción contra a miña persoa, «estudiante». Por suposto moi inxusta e sei que hai xente extendendo este tipo de novas para prexudicarme. Xa non sabedes como meterse conmigo. Teño moitos defectos, pero non o de pedir ou quedarme con cartos de ninguén. Escoitei de todo: que non me cobraran a casa que fixen empresarios que traballan para o concello, que me pagaran por impedir que o Sr. Álvarez Angueira fora reelexido alcalde, e agora isto.
Un trata de informar aos veciños con novas da comarca neste medio, a ata hai xente que non soporta isto. Pero o curioso é que esa xente segue a páxina todos os días. Masoquismo, vaia. Por suposto aquí pode escribir quen queira. Non se pode ser tan ruín.
Claro que din as novas dos DJs que foron a Maty, das novidades da discoteca (Dj novo, cabina restaurada…) e ogallá teña éxito.
Os que mellor saben que eu non teño nada contra a movida son os meus compañeiros e ex compañeiros de corporación. Pregúntalle.
Os que mellor saben que para mín a movida debe ser compatible co descanso dos veciños son moitos veciños de Pontecesures. Pregúntalle.

pontecesurex · 2-01-2010 a las 20:03

«Estudiante» falas moi ben de que debe haber movida e tal, pero e que non e normal que ti queiras dormir na tua casa e non poidas polo ruido xerado por pubs, discoteca, xente berrando pola calle, borrachos con coche, borrachos sen coche…
A Chanteclair non creo que moleste a nadie pois esta afastada de todo, iso e un exemplo de movida, e non o de ter metido todo no medio dun pobo, e por Dios o de Maty clama o ceo, porque reformas non sei se farian, pero eso soa muito mais que antes.
Todo o mundo ten dereito a pasalo ben e ir de carallada, pero os dereitos de uns se acaban cando tropezan cos de outros.

Responder a pontecesurex Cancelar la respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.