Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Festas

Unha mañá adicada á sega en Cordeiro.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

O traballo xa está feito. Aos maiores de Valga non lles doeron prendas para madrugar e poucos minutos despois das nove da mañá estaban xa en Ferreirós (Cordeiro), na coñecida como â??Finca de Bandínâ?�, para, cos primeiros raios do sol, segar o trigo que prantaran hai meses. â??Está duro, ben curadoâ?�, afirmaba Bienvenido Cordo antes de entrar en faena e examinando unha entre os milleiros de espigas que sobresaían da palla. Facíao no medio dun â??consello de sabiosâ?� do que formaban parte, entre outros, Antonio Ferro, Manuel Picón, José Ferro ou Ramón Fernández. Este último afondaba no argumento do seu compañeiro sobre as boas condicións do cereal: â??Non está preso, está benâ?�, pero tambén facía os seus matices: â??O que pasa é que o gorrión xa comeu a metadeâ?�. Daba o mesmo, porque quen máis e quen menos afiaba xa o fouciño para pisar a leira e dar comezo á sega, que era o importante. Posto que estes encontros interxeracionais o que perseguen é manter vivas as tradicións, máis aló de se os quilos de trigo que resulten sexan uns poucos máis ou menos. O alcalde, José María Bello Maneiro, non quixo perderse a sega e realizou unha visita aos improvisados campesiños. E ata se animou a botar man do fouciño e pañar uns cantos monllos.
Precisamente diso, de monllos, atados coa propia palla recén segada, comezou a encherse a â??Finca de Bandínâ?� a medida que os maiores avanzaban na súa tarefa. Incluso â??construironâ?� algúns pallotes antes de que tractor levara todo o trigo ao colexio Ferro Couselo, onde permanecerá ata que, aló por setembro, co comezo do curso escolar, chegue o tempo da malla. O traballo estivo amenizado por Nela, Esther e Olga, tres pandereteiras de Ferreirós que lle deron ben a iso da música e o cante. â??Vimos apañar o trigo, vimos con moita ilusión porque non queremos, non, perder a tradiciónâ?�, foi unha das coplas escritas para a ocasión por Nela.

Ás cinco da mañá > A súa compañeira de trío, Olga, a piques de cumprir os 81 anos, lembraba como eran antano os traballos no campo. â??Na nosa casa traballabamos moito. Eramos once e había que traballar moito. Iamos para a leira ás cinco da mañáâ?�, xa fora para plantar o trigo ou para a sega. Esta última tarefa, ademais de cortar a palla co fouciño, incluía outros traballos. â??Faciamos uns pallotes cos monllos. Colocabanse dous enriba para que, se chovía, non caera a auga polo medio. Despois faciase un palleiro grande para que o trigo refixera un pouco e quedaba alí tres ou catro díasâ?�. A continuación chegaba a malla. â??Na nosa eira faciase sobre unha ola de barro que estaba tapada, con seis homes de cada lado. Os que máis ruído fixeran eran os que gañabanâ?�, eso sí, simbolícamente, porque premio non había máis que â??a cazolada de bacalao que lles dabamos para comerâ?�. Tralo relato de Olga intervén outra das pandereteiras, Esther: â??Ai, meniño. Pide a Deus que non volvan os tempos de antes, senón moito vos queda por traballar…â?�.

DIARIO DE AROUSA, 05/07/11

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.