Unha mañá adicada á sega en Cordeiro.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

O traballo xa está feito. Aos maiores de Valga non lles doeron prendas para madrugar e poucos minutos despois das nove da mañá estaban xa en Ferreirós (Cordeiro), na coñecida como ??Finca de Bandín?, para, cos primeiros raios do sol, segar o trigo que prantaran hai meses. ??Está duro, ben curado?, afirmaba Bienvenido Cordo antes de entrar en faena e examinando unha entre os milleiros de espigas que sobresaían da palla. Facíao no medio dun ??consello de sabios? do que formaban parte, entre outros, Antonio Ferro, Manuel Picón, José Ferro ou Ramón Fernández. Este último afondaba no argumento do seu compañeiro sobre as boas condicións do cereal: ??Non está preso, está ben?, pero tambén facía os seus matices: ??O que pasa é que o gorrión xa comeu a metade?. Daba o mesmo, porque quen máis e quen menos afiaba xa o fouciño para pisar a leira e dar comezo á sega, que era o importante. Posto que estes encontros interxeracionais o que perseguen é manter vivas as tradicións, máis aló de se os quilos de trigo que resulten sexan uns poucos máis ou menos. O alcalde, José María Bello Maneiro, non quixo perderse a sega e realizou unha visita aos improvisados campesiños. E ata se animou a botar man do fouciño e pañar uns cantos monllos.
Precisamente diso, de monllos, atados coa propia palla recén segada, comezou a encherse a ??Finca de Bandín? a medida que os maiores avanzaban na súa tarefa. Incluso ??construiron? algúns pallotes antes de que tractor levara todo o trigo ao colexio Ferro Couselo, onde permanecerá ata que, aló por setembro, co comezo do curso escolar, chegue o tempo da malla. O traballo estivo amenizado por Nela, Esther e Olga, tres pandereteiras de Ferreirós que lle deron ben a iso da música e o cante. ??Vimos apañar o trigo, vimos con moita ilusión porque non queremos, non, perder a tradición?, foi unha das coplas escritas para a ocasión por Nela.

Ás cinco da mañá > A súa compañeira de trío, Olga, a piques de cumprir os 81 anos, lembraba como eran antano os traballos no campo. ??Na nosa casa traballabamos moito. Eramos once e había que traballar moito. Iamos para a leira ás cinco da mañá?, xa fora para plantar o trigo ou para a sega. Esta última tarefa, ademais de cortar a palla co fouciño, incluía outros traballos. ??Faciamos uns pallotes cos monllos. Colocabanse dous enriba para que, se chovía, non caera a auga polo medio. Despois faciase un palleiro grande para que o trigo refixera un pouco e quedaba alí tres ou catro días?. A continuación chegaba a malla. ??Na nosa eira faciase sobre unha ola de barro que estaba tapada, con seis homes de cada lado. Os que máis ruído fixeran eran os que gañaban?, eso sí, simbolícamente, porque premio non había máis que ??a cazolada de bacalao que lles dabamos para comer?. Tralo relato de Olga intervén outra das pandereteiras, Esther: ??Ai, meniño. Pide a Deus que non volvan os tempos de antes, senón moito vos queda por traballar…?.

DIARIO DE AROUSA, 05/07/11


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.