ESTRENOS EN EXCLUSIVA PARA RADIO, EN PALCO DE ESTRELAS, HOXE XOVES 21 DE XULLO, DOS NOVOS DISCOS DAS ORQUESTRAS CAPITOL E CINEMA,E O DVD DE LOS SATELITES.

Publicado por DANIEL SEIJAS S.L. en

Coma sempre, un xoves máis, dende as 19h. e ata que o galo faga «Kirirkiiiiii…», chega ás ondas de Radio Valga 107.4 FM, o programa décano das orquestras e das festas de Galicia, PALCO DE ESTRELAS, presentado e dirixido por Daniel Seijas Llerena. O programa comezou a semana pasada a súa septima temporada ininterrumpida en antena, dende que empezou a emitir en xullo do 2005 , e dende aquela o programa nunca deixou de emitirse en directo nin unha soa semana.
Este xoves escoitarase en exclusiva, para radio, o agardadisimo disco da orquestra CAPITOL, de Bertamiráns, titulado «25 ANIVERSARIO», e que ven sendo o seu quinto traballo discografico. Tamén emitiranse temas totalmente en exclusiva do que será o novo disco da orquestra CINEMA, que está a piques de sair ó mercado e que se titula «Estomballandote con…Cinema». Este titulo fai referencia ó tema «Estomballada» , incluído neste disco, que é un versión da mesma canción que compuso e fixo popular «A Banda da Balbina», a formación liderada pola valguesa Silvia Cerneira.
Recén saído do forno está tamén o DVD da Gala do 70 aniversario da orquestra LOS SAT?LITES, que se celebrou en novembro do 2009 no Teatro Colón da Coruña, e do que se poderan escoitar novos temas desta Gala en Palco de Estrelas, como sempre antes que en ningunha outra emisora ou televisión. Como sempre «Palco de Estrelas» segue o programa de referencia agora de contar coas últimas novidades musicais no só das orquestras de Galicia,sinon de artistas e de orquestras de Iberoamérica.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.