Festa literaria con Manuel e María Lorenzo.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán en

Manuel e María Lorenzo, autores do libro premiado.

O acto de presentación onte en Padrón do libro Tonas de laranxa, gañador do Premio Xerais 2012, escrito por Manuel Lorenzo Baleirón e María Lorenzo, pai e filla, converteuse nunha «festa literaria» que encheu o auditorio local como poucas veces, coa presenza de veciños e amigos dos dous autores, algúns ilustres como o escritor Anxo Angueira, e mesmo do presidente e o secretario da Real Academia Galega. Convocados polo Concello de Padrón e a editorial Xerais, foi o presidente desta última, Manuel Bragado, o que afirmou que «algo deben ter as terras de Laíño» para xermolar tantos autores e «ofrecer marabillas», como cualificou a novela Tonas de laranxa.

Pola súa banda, o escritor e presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, falou de que o feito de que a obra estea escrita conxuntamente por pai e filla evidencia o «asalto da muller á escrita literaria», algo que celebrou. Tamén destacou a influencia de Álvaro Cunqueiro na obra.

María Lorenzo desvelou como se fraguou a historia narrativa que agocha este título, cun fío que arranca nun relato escrito hai catro anos, e asegurou que detrás desta novela «está o noso compromiso coa lingua» e «coa defensa do galego».

Manuel Lorenzo pechou o acto e lembrou ao seu irmán Eusebio Lorenzo Baleirón, a Cunqueiro e, sobre todos eles, a Rosalía de Castro.

LA VOZ DE GALICIA, 17/11/12


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.