Bello Maneiro: “O PSOE intentou conseguir nos xulgados o que non foi quen de obter nas urnas”.

Publicado por Redacción en

José María Bello Maneiro buscará unha nova maioría absoluta o vindeiro día 26. Farao tras un mandato marcado polos procesos xudiciais, pero coas ganas de seguir “traballando polos veciños”. 

Hai quen di que a súa etapa na Alcaldía está máis que rematada, non por idade, senón por falta de ideas…

Non vou entrar a valorar os pensamentos da oposición. Eu remítome aos proxectos que se executaron tan só estes catro anos. Temos moitas ideas, boas para Valga e positivas para o benestar e calidade de vida dos veciños.
 
Este mandato estivo moi xudicializado. Pensa que é algo que o pode perxudicar nas urnas?

O PSOE centrouse única e exclusivamente en intentar conseguir nos xulgados o que non conseguira nas urnas en lugar de defender os intereses de Valga. A candidata e ex afiliada do PP só entende de medrar en política. Pasou de aplaudir a Manuel Fraga a ser candidata do PSOE. Esa é a credibilidade que ten. Debería presentar a súa renuncia despois de que se arquivase a denuncia.

Que opina da irrupción de Valga Viva nestes comicios?

Sempre dixemos que o que tiñan que facer as mareas era presentarse ás eleccións en lugar de descalificar ao goberno nas redes. Agora é o momento de que os veciños opinen da campaña marulleira que fixeron.

Que queda por facer en Valga? Cales son os proxectos que leva na axenda para estes catro anos?

O noso proxecto é seguir ofrecendo aos veciños máis e mellores servizos. A idea é facer realidade o parque empresarial de Valga para ofrecer máis solo industrial ás empresas. No eido da educación acadar o Bacharelato de Artes para o IES e poñer a funcionar o Conservatorio Superior de Música. Dar un impulso ao sector turístico da man dos recursos naturais dos que podemos presumir e do Camiño de Santiago, para que exerzan como xeradores de riqueza e dinamizadores da economía local. En definitiva, seguir ofrecendo benestar e xerando oportunidades para os veciños de Valga.


Diario de Arousa


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.