Uso responsable do 112 cos Bolechas en Pontecesures, Ordes, Rois e Mesía.

Publicado por Redacción en

Escolares de Ordes, Rois, Pontecesures e Mesía veñen de pasalo como poucas veces e aprender despois de recibir a visita dos Bolechas, que levaron ás aulas de 4 colexios unha nova proposta do programa de divulgación da Axencia Galega de Emerxencias sobre o uso responsable do número único europeo 112. Para achegar esta importante mensaxe, Sonia Bolechas estivo co alumnado de 5º de primaria do CEIP Campomaior de Ordes e na EEI Olas de Mesía, mentres que Braulio Bolechas acudiu ao CPI de Pontecesures e a Rois para estar coas nenas e nenos de 2º de Primaria do CPI dos Dices. Mediante representacións teatrais, audiovisual e talleres explicaron cando se debe chamar ao teléfono 112 e os datos que hai que facilitar aos xestores de emerxencias para ter unha axeitada resposta ás necesidades.

El Correo Gallego


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.