A Capela do Pilar en San Xulián monumento xacobeo.

Publicado por Redacción en

O programa “Acende o teu Xacobeo” escolleu a igrexa de San Xulián en Pontecesures como un dos 52 edificios emblemáticos en toda Galicia para promocionar o Camiño de Santiago.Así de bonita luce dende esta noite ata o día do patrón San Xulián. Do mesmo xeito en que se fixo o ano pasado, a segunda edición do Acende o Xacobeo tamén terá o seu concurso fotográfico. Abrirase nas redes sociais un concurso fotográfico para animar ao público xeral a compartir esta iniciativa. Os participantes só terán que publicar unha fotografía na que se vexa persoas xunto a un dos monumentos iluminados baixo os hashtags #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo e etiquetando as redes sociais do Camiño de Santiago. As fotografías poderán publicarse nas redes sociais de Facebook, Twitter ou Instagram do Camiño de Santiago (@camino_xacobeo).O concurso estará aberto ata o remate da iluminación e as tres mellores fotografías recibirán un premio consistente nunha estadía para dúas persoas nun fin de semana nun hotel-balneario de Galicia en réxime de pensión completa.

1 comentario


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.