DOAZÓN SOLIDARIA DE NADAL POR PARTE DA EMPRESA INDALSU.

Publicado por CONCELLO DE PONTECESURES o

Varias familias de Pontecesures recibirán nas últimas xornadas deste ano lotes de produtos alimenticios doados pola empresa INDALSU, cuxos propietarios son xente moi querida en Pontecesures, e organizado, un ano máis, polo “Show dos Pallasos”, co seu responsable, Elías Sanmarco á fronte.

O equipo promotor desta acción solidaria pretende axudar a sobrelevar a crise do coronavirus a familias desfavorecidas con menores ao seu cargo tanto de Pontecesures, como das veciñas vilas de Padrón e Valga.

A distribución destes lotes solidarios canalizarase a través do departamento de Servizos Sociais do Concello de Pontecesures, que os repartirá entre as familias que máis necesidades están tendo durante este tempo de Nadal.

Agradecemos enormemente estes xestos solidarios que engrandecen a figura de Pontecesures e a solidaridade dos seus veciños

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.