O BNG lembra a non celebración da festa da lomprea e carga contra o goberno local.

Publicado por Redacción en

Hoxe deberíamos estar celebrando a, XXV Festa da Lamprea. Non só non é así, senón, que por se fose pouco, no día da festa de San Lázaro de gran arraigo no noso concello, a nosa vila ofrece unha imaxe lamentable ós que nos visitan, e non en barco, precisamente. As declaracións do alcalde para xustificar que non haxa acto ningún en torno á celebración da Festa da Lamprea son, cando menos, abraiantes. Entendemos que a escasez de producto non permite unha degustación masiva pero, ante esta situación, non vale quedarse de brazos cruzados. O señor Seage, xunto ó resto do equipo de goberno, coñecedores de esta situación, deberían ter previstas alternativas para a celebración da festa.Pero, o máis grave de esta situación, son as declaración do alcalde botando a culpa ós hosteleiros cesureños pola súa falta de colaboración, interés e proactividade na organización do TAPEALAMPREA, en presenza do concelleiro de Hostalaría, Raimundo Vázquez que, sin inmutarse, mantivo silencio sepulcral , ante estas declaracións, totalmente fóra de lugar.Nin un arranxo floral nos maceteiros , nin limpar a herba que medra ó seu aire ó longo de todo o muelle. Para a limpeza e o adecentamento de Cesures non hai tempo pero a culpa e da hostalería.

A presenza do señor Seage no congreso do PP en Sevilla, danos unha idea de cales son os seus intereses cara o noso concello e lévanos a pensar que os paseos en barco televisados, o suposto turismo ruso e mexicano que vai desembar na nosa vila pero que non da chegado ou as xuntanzas de degustación de lamprea para según que xente, procuran, máis ben, o lucimento persoal e a satisfacción do ego do señor Seage que a procura de beneficios para a nosa vila.

BNG Pontecesures.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.