Pontecesures reformará O Galiñeiro cos cartos dunha poxa de madeira

Publicado por Redacción en

O Concello traballa con paisaxistas para fixar a nova imaxe dese espazo

Hai seis meses, en novembro do ano 2021, o goberno local do Concello de Pontecesures aprobou o Plan de Ordenación Forestal para o monte de utilidade pública desta vila. Nese documento se identificaban os aproveitamentos forestais e as claras a levar a cabo a medida que a produción de madeira acadase un determinado nivel. En virtude ao devandito plan, o pasado 10 de maio foi publicado no BOP un anuncio de poxa pública, mediante procedemento aberto, para o alleamento de aproveitamentos madeireiros no Monte Salgueiras, en Pontecesures, é dicir: sácase a licitación a poxa de madeira correspondente a unha superficie dun total de 22,62 hectáreas no monte municipal. Dita venda de madeira suporá uns ingresos para o concello que se destinarán a realizar melloras no entorno do Miradoiro do Galiñeiro e a zona da ETAP.

Nestes momentos, o equipo de goberno de Pontecesures xa está traballando no deseño e planificación, da man de profesionais do paisaxismo, das melloras que se van realizar no citado miradoiro. A intención é desenvolver un proxecto que converta ao monte Salgueiras nun referente a nivel autonómico en desenvolvemento sostible e nunha área de lecer con un importante valor paisaxístico e ecolóxico, ademais de nunha zona cun aproveitamento forestal racional e sostible.


0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.