E Padrón volveu á Idade Media.

Publicado por Redacción en

Arañeira Informática, Restaurante O Secreto e Deportes Estornela, premiados como comercios mellor engalanados.

Nas rúas houbo récord de postos de venda.

A compañía Troula ofreceu un vistoso espectáculo polas rúas de Padrón con diaños e lume como protagonistas
A compañía Troula ofreceu un vistoso espectáculo polas rúas de Padrón con diaños e lume como protagonistas.

Todo facía prever que ía ser un éxito e non defraudou. A Feira Medieval de Padrón ateigou as rúas da localidade de veciños e visitantes que puideron gozar do sinfín de actividades programadas na XVII edición do tradicional mercado, ao que lle puxo o broche de ouro o vistoso espectáculo de lume Andanadas.

Tamén o comercio local quixo amosar o seu compromiso coa Feira Medieval mimetizándose co ambiente que creou o mercado e participando no concurso deseñado polo Goberno local para premiar os establecementos mellor engalanados.

Arañeira Informática levou o primeiro premio no concurso de comercios engalanados na Feira Medieval
Arañeira Informática levou o primeiro premio no concurso de comercios engalanados na Feira Medieval

Á entrega de premios asistiu tamén a responsable de Iacobus Xestora de Eventos, empresa que coordinou a Feira Medieval, que, xunto a Campos e Mariño, entregoulle o seu premio á propietaria do Restaurante O Secreto. Arañeira e Estornela recibirán o seu galardón este luns.

Restaurante O Secreto, segundo premio no concurso de comercios engalanados durante a Feira Medieval de Padrón
Restaurante O Secreto, segundo premio no concurso de comercios engalanados durante a Feira Medieval de Padrón.

Entre os momentos máis espectaculares do programa de actividades destacou tamén o espectáculo da compañía Troula, que percorreu as rúas cos seus diaños e co lume como elemento protagonista. Tamén na praza de Macías houbo unha exhibición de acrobacias moi aplaudida.

Deportes Estornela, terceiro premio no concurso de comercios engalanados
Deportes Estornela, terceiro premio no concurso de comercios engalanados.

A sorpresa saltaba pouco antes da medianoite do sábado, cando se proxectaba un vídeo sobre a fachada do convento do Carme no que lume, cabaleiros e dragóns foron os protagonistas, e que se puido ver ata a unha da madrugada.

Cabe destacar que na edición deste ano rexistrouse a maior cifra de postos de venda participantes acadada ata o de agora, con máis de 120 artesáns e feirantes e 30 en lista de agarda. Tralo éxito alcanzado, a organización comeza a pensar xa na feira do vindeiro ano.

El Correo Gallego

Categorías: Sin Categoria

0 comentarios

Deja una respuesta

Marcador de posición del avatar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.