Hoxe xoves 10 de marzo, co gallo da Festa da Lamprea, estará á noite a alcaldesa Cecilia Tarela e a concelleira de Cultura Maria Teresa Tocino no programa PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

Hoxe xoves no programa das festas e orquestras Palco de Estrelas, que dirixe e presenta Daniel Seijas en horario de 20h e ata ás 5 ou 6-7 da madrugada, que se emite en Radio Valga 107.9 FM conxuntamente en directo tamén para a zona da Costa da Morte (comarcas de Bergantiños,Terra de Soneira, Fisterra e Muros) a través das emisoras Radio Neria de Corcubión 107.8 FM e Radio Roncudo de Corme 106.1 FM, contará ca presencia da alcaldesa de Pontecesures Dona Cecilia Tarela e a concelleira de Cultura Dona María Teresa Tocino para falar da XXI edición da Festa da Lamprea asi coma doutros asuntos. Estarán en directo aproximadamente a partires das 22.30h. Ademais coma sempre no programa sonaran as últimas novidades musicais festeiras das orquestas,chamadas en directo, as «bombas» sobre os cambios nas orquestras,os santiños,a axenda festeira e o que lle cadre.

Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

Este xoves 5 de novembro haberá superexclusiva e bombazo en PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM co cantante JORGE FERRE (EX-PANORAMA)

Este xoves con Daniel Seijas…volven as exclusivas, as bombas atómicas, en misis intercontinentais, bombas de hidróxeno e meteoritos nas orquestras en Palco de Estrelas-Radio Valga 107.9 FM (de 20h a 5 ou 6 da mañá ou sabe Deus….)….contaremos en directo co grande artísta JORGE FERRE (EX-PANORAMA) onde sacará á lus moitos misterios sobre a súa marcha de Panorama, despois de 14 anos (que se anunciu en exclusiva neste programa), e de cal será a súa próxima orquesta.Poderedes chamar en directo e falar con el no 986 55 9736…ademais coma sempre concursos,axenda festeira,os santiños,chamadas explosivas e o que lle cadre!!!!
Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

DSC_5573h (Imaxe de Jorge con Panorama nas festas do carneiro ó espeto de Moraña- Seijas 2014 (c)-

HOXE O PROGRAMA PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 CUMPLE 10 ANOS EN ANTENA SEN DESCANSAR NINGUNHA SEMANA.

Hoxe xoves , festividade da Virxe do Carme, unha semana máis con todos vos o programa decano e pioneiro das orquestras PALCO DE ESTRELAS con Daniel Seijas Llerena (dende as 20h ata as 5,6,7??…da mañá)para celebrar unha década completa e sen interrupcións (dende o 13-7-2005 sen interrupcións,sempre en directo e nunca colleu vacacións), comezando así a UND?CIMA TEMPORADA!! Sonarán algunhas gravacións «históricas» do programa de momentos interesantes destes anos polo que pasaron practicamente tódolos grandes artistas das orquestras galegas e incluso canarias. Ademais das chamadas en directo (pode haber algunha explosiva coma sempre) haberá concursos, axenda festeira,santiños e o que lle cadre!!

Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

HOXE XOVES 9 DE XULLO, ESTARÁ O GRUPO ARAMIO EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

aramio 2015
Unha noite máis a comarca do Ullán quedará sen durmir por culpa de Palco de Estrelas-Radio Valga 107.9 FM. No programa de hoxe, que comezará ás 20h e rematará cando abra o día, terá en visita en directo dos compoñentes do grupo Aramio de Gondomar, formación na que está o cantante vigués Dario Carrera (ex-Solamerica, Chárleston, Gran Parada, Miramar) moi coñecido polos ointes do programa debido as súas habituais intervencións telefónicas. Ademais os ointes poderán escoitar o novo disco da orquestra The Boys Machine de Santa Cruz de Tenerife, entre outras moitas cousas.

Tamén emisión online a traves de :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

HOXE XOVES,ESPECIAL 90 ANIVERSARIO DAS FEIRAS DO AUTOM?BIL DE OCASI?N DE PONTECESURES EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

-datos-CARTEL_1925_CARLOS_MASIDE
Co gallo da celebración do 90 aniversario da «I Feria del automóvil de Ocasión» de Pontecesures , que será os vindeiros días 28 e 29 de xuño, o programa Palco de Estrelas (dende as 20h ata as 4 ou 5 da madrugada), presentado e dirixido por Daniel Seijas, ocuparase a través dunha «superproducción» de lembrar a historia destas feiras que foron tan importantes no seu momento (1925,1926,1950 e 1954) . Ademais coma sempre o programa contará cas ultimas novidades musicais e de actualidade das orquestras galegas, axenda festeira, concursos, chamadas en directo e o que lle cadre.

Tamén emisión online da emisora a traves de :
http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es

HOXE XOVES 18 DE XU?O,ESTARÁ A ORQUESTRA LA F?RMULA EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA 107.9 FM

la formula 2015
Hoxe xoves á noite (de 20h a 5 ou 6 da madrugada) o programa das orquestras que presenta Daniel Seijas, Palco de Estrelas, contará en directo coa presencia dos cantantes da recén creada orquestra La Fórmula : Miguel Caldas, Sanela Ferizovic, Maythe Leiva, David «Melaza» e Jonathan Tortolera. Ademais poderedes escoitar a música o último disco da orquestra Olympus de Negreira entre outras moitas cousas.
Tamén emisión online da emisora :

http://www.radios.com.br/aovivo/Radio-Valga-107.9-FM/26434

http://www.raddios.com/4322-radio-valga

http://www.radiovalga.net/
ou no teu móbil descargando algunha destas 5 app´s : radios.net , raddios,tunein, radiovalga ou radio.es