Adriana Rivas Seijo participará no VII Concurso de música tradicional Xiradela

p(titulonota). Nota da ANPA do CPI Pontecesures

O vindeiro domingo día 2 de abril participará no *VII CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL XIRADELA* que se celebrará no Centro Cívico Cultural de Arteixo a alumna do colexio *ADRIANA RIVAS SEIJO*.

Esta gaiteira de 13 anos de idade forma parte tamén da Agrupación Folclórica Algueirada dependente desta ANPA e participará no concurso de solistas xunto con outros 15 gaiteiros/as de toda Galicia.

A xunta directiva deséxalle os mellores resultados a esta nena que se leva esforzando moito nos últuimos tempos nesta especialidade da gaita galega.

Pontecesures, 31 de marzo de 2006
A XUNTA DIRECTIVA

Asociación Cultural Xarandeira

A Asociación Cultural Xarandeira comezou a súa andadura no ano 1999 como grupo de pandereteiras, por iniciativa dun grupo de mulleres de todalas idades.

No 2003 constituese legalmente como asociación cultural comezando a participar en distintos eventos socio-culturais da comarca e outras zonas de Galicia.

En *»http://xarandeira.iespana.es»:http://xarandeira.iespana.es/* está a páxina desta agrupación que con dende o ano 1999 é un exemplo a seguir.