Traineras en Pontecesures

?

O pasado 8 de Xullo recibimos en Pontecesures a visita do SDR. Castrourdiales. O obxectivo da súa visita era a preparación da regata correspondente á liga ACT de 1ª División que tiñan o Domingo 9 de Xullo.

Na súa visita á Ría de Arousa coa trainera «La Marinera» escolleron para adestrar o Club Náutico de Pontecesures.

O SDR Castro Urdiales con 43 puntos é segundo na clasificación por detás do Hondarribia con 47.

O Club Náutico de Pontecesures quere agradecer que contaran connosco e esperamos volver velos moi pronto.

Agora resulta que Condide (Pontecesures) esta ná Rioja

Moitos son os erros que atopamos en Internet, un bastante gracioso é o que podemos ver en Marbellaguide.com, unha web (en ingles) sobre a costa do sol. Nesta web están unha serie de utilidades coma un pequeno programiña para amosar o tempo dun determinado sitio, e é ahí onde atopamos:

«Weather forecasts for Condide (pontecesures) in La Rioja, Spain»  marbellaguide.com 

Os nosos veciños de condide ó parecer xa non son galegos, para os desta web, sonche cesureños e da Rioja  …

curiosidades numéricas xogando cos datos do censo

Son moi amigos dos números, e estiven a votarlle un ollo ós datos do Instituto Nacional de estadística INE sobre o concello de Pontecesures, e vense cousas moi peculiares.

 Segundo este documento: (Cera – formato excel) somos os cuartos con menos veciños residentes no extranxeiro ( 218 ) da provincia de Pontevedra, a lista queda así:

  1. Mondariz-Baneario: 40
  2. Soutomaior: 162
  3. Oia: 204
  4. Pontecesures: 217
  5. Catoira: 315

Ahora ben, si facemos un calculo cos veciños censados fronte os veciños afincados fora do Pais atopamos que lista queda un pouco diferente xa que, segundo o censo do 1996, os que viven no extranxeiro son un 7,57%. Coido que as cifras serán diferentes na actualidade, pero esto sae con estos datos, quedando Pontecesures como número 12+1 do «ranking» de concellos con menos relación emigrados/residentes, os primeiros postos son para:

  1. Redondela: 0,56%
  2. Soutomaior: 3,09%
  3. Cangas: 3,56%
  4. Vigo: 4,63%
  5. Mos: 4,88%
  6. Marín: 5,02%
  7. Moaña: 5,07%
  8. Mondariz-Balneario: 6,29%
  9. Oia: 6,46%
  10. Vilagarcía de Arousa: 6,86%
  11. Vilanova de Arousa: 7,44%
  12. Bueu: 7,54%
  13. Pontecesures: 7,57%

Outros concellos proximos a pontecesures: Catoira: 8,72%; Valga: 16,76%; Caldas de Reis:12,93%;

Pontecesures en google maps

«Google maps»:http://maps.google.es/maps ven de presentar a versión española dos mapas de España.

Agora podemos ver, de forma sinxela, como ir de Pontecesures («ver mapa»:http://maps.google.es/maps?f=q&hl=es&q=Pontecesures&om=1) a calquera sitio ou coma chegar.

Un exemplo desto é: Como chegar dende a miña casa en «Sevilla ata a dos meus pais en Porto»:http://maps.google.es/maps?f=d&hl=es&saddr=sevilla+alfareria+105&daddr=pontecesures+diputacion+23&t=h&om=1

A cofradía de San Roque

p(titulonota). Curiosidades de Pontecesures

Unha das cofradías más antigas do país foi a do «Glorioso San Roque de San Xiao de Requeixo».

No ano 1.649 D. Domingo Buceta de Quintáns, Vicario de Herbón, e polo tanto de Requeixo, iniciou o libro de acontecementos, e máis tarde o de contas da cofradía. No mes de Marzo de 1.652 redactan o seguinte documento:

Constitución de la Cofradía en orden y a luança del Glorioso San Roque inclussa en la Iglesia parroquial de San Xiao de Requeixo.

En nombre de Dios, Padre, Hijo y Espiritu Santo, tres persomas distintas y un solo Dios verdadero y de la Virgen Santísima, bendita Madre Señora Nuetsra y de todos los Santos y Santas de la Corte del Cliente, nos, los Cofrades de la Cogradía del Santo nombre del glorioso San Roque, inclussa constituida en la Iglesia parroquial de San Xiao de Requeixo, que somos presentes. Llamandos para el efecto que abajo se hará mención y para el aumento de de la nuestra Cofradía en presencia y con asistencia del Licenciado Domingo Gonzalez, clérigo presbítero, Vicerrector de nuestra Iglesia: del presente Notario abajo dicho, quedando presentes nosotros Domingo de Loureiro, Domingo Pesado, Francisco d’Outeiro, Pedro Juan Ares, Marco do Río, Juan Lorenzo, E. García, Domingo Da de Lamas, Alberto García, E. Pardo, Pedro Pardal, Juan de Loureiro, Toxa, Domingo García, Gregorio Prego, Juan de Infesta, Juan Jamardo, Francisco Magariños, Juan Tarrio, Antonio García y Domingo Agrasar, todos vecinos de la feligresía.

Hacemos constar que la fundación de esta cofradía se remonta muchos años atrás.

A cofradía desapareceu, coma tal, no ano 1.862.