Club Náutico de Pontecesures

As extraordinarias condicións físicas para a práctica do remo e o piragüismo que nos ofrece o río Ulla levaron a conformar equipos que acadaron resultados destacados ó longo de varios anos, conseguindo un total de 23 medallas nos campionatos de España.

Unhas das máis importantes foron as de:

  • Ano 1.990, especialidade de remo, modalidade «catro scull» medalla de ouro.
  • Ano 1.998, en piragüismo, modalidade C2, tamén medalla de ouro, a cargo de Juan Jesús Piñeiro.
  • Ano 2004, en piragüismo, modalidade C2, tamén medalla de ouro no campionato de España, a cargo de Marcos Barreiro. Campión do Descenso do Sella en C2 e do Príncipe de Asturias en C4.

Na actualidade o clube estase a rexubenezer, ten unha nova directiva e conta con numerosos rapazes que loitan por facer do clube un dos grandes.