Hoxe sábado, 27 de marzo, estará actuando na sala de festas cesureña a orquestra Aché.
Sociedade
El vecino de Rois, Camilo Vilas Loureiro, falleció en el accidente de A Medela.
Camilo Vilas Loureiro es el padre de Camilo Vilas Lamas, industrial de Rois, que fue concejal del ayuntamiento.
El primer fallecido de la operación especial en Galicia es un hombre de 73 años y vecino de Rois
Un total de tres adultos, uno de ellos heridos grave, y dos menores se vieron implicados en el mismo siniestro, ocurrido en Valga
La operación especial de la Dirección General de Tráfico (DGT) registró el primer fallecido en las carreteras gallegas, un varón de 73 años de edad, vecino de la localidad coruñesa de Rois y que sufrió un accidente en Valga (Pontevedra).
Según informaron hoy fuentes de la Guardia Civil de Tráfico de Pontevedra, la víctima se corresponde con el conductor de la furgoneta Renault Kangoo que en la tarde de ayer viernes sufrió una colisión múltiple con otros dos vehículos.
En un primer momento, el hombre, que responde a las iniciales de D.C.V.L., resultó herido grave y, tras ser excarcelado, fue evacuado al Hospital Clínico de Santiago, en donde ingresó con parada cardio respiratoria, según indicaron las mismas fuentes.
Además, en el siniestro, ocurrido sobre las 19.36 horas de hoy, el kilómetro 88, 800 de la carretera N-550, que une A Coruña y Tui, a la altura de Medela-Xanza, también se vieron implicados otros tres adultos y dos menores de edad.
De este modo, una patrulla y un equipo de Atestados acudió al lugar del suceso, donde comprobó que se había producido la colisión de un turismo del modelo Mercedes Benz contra una furgoneta Renault Kangoo. Esta colisión provocó que un tercer vehículo, un furgón Volkswagen Caravelle chocase también.
EL CORREO GALLEGO, 27/03/10
Sociedade
A Confraría do Nazareno xa ten 72 asociados.
A Xunta Directiva desta Confraría cesureña, tras reunirse o 25 de marzo de 2010 acordou:
1. Aceptar a relación de socios que consta, ata o de agora, de 72 persoas.
2. Fixar como cota anual á de 10 euros, que se pode pagar nunha entrega ou en dúas de 5 euros en cada semestre.
3. Que os cartos de dita cota pódense entregar ao presidente, José Ramón González Pérez, á vicepresidenta, Mercedes González Codesido, ao secretario, Cesáreo Braña Núñez ou a tesoureira, Dolores Miguéns González.
Sociedade
Programa da Pascua de Padrón 2010.
Domingo, 28 de marzo
Pola tarde:
19:30 h Na Praza de Macías, actuación da Escola de bailes latinos ??El Tomasón?
Xoves Santo, 1 de abril
Pola mañá:
8:30 h. No campo do Souto , comezo da 1ª Peregrinación Oficial da ??Pedronía en biclicleta? Santiago Compostela-Padrón
Pola tarde:
Venres Santo, 2 de abril
11:30 h Inauguración no Auditorio Municipal da exposición: XXV Aniversario da Asociación Grupo Folclórico Rosalía de Castro.
12:00 h Final dos Campionatos Galegos de Xadrez que contarán coa presenza de Alexis Shirov (xadrecista que está situado entre os 10 mellores do mundo)
Sábado de Pascua, 3 de abril
Pola mañá:
Gran salva de bombas, anunciando as Festas de Pascua 2010, a cargo da Pirotecnia López dos Ánxeles – Brión (A Coruña).
11: 00 h. GRAN CARREIRA DE MARATHON POPULAR, na súa XXI edición.
Pola Tarde-Noite:
17:00 h Na praza de touros da Barca Gran concurso de quebros, cortes e saltos taurinos cos mellores especialistas. De seguido Gran Prix coa solta de xovencos para as peñas de mozos que se formen.
18:00 h. Inauguración da XLI FEIRA EXPOSICI?N DE MAQUINARIA AGRÍCOLA E INDUSTRIAL.
19:00 h. A charanga NBA , percorrerá as rúas da Vila, amenizando ós pascueiros.
21:00 h. PREG?N INAUGURACI?N das festas de PASCUA-2010, a cargo de. D. Xosé Carlos Carballido Rey. Catedrático de Xeografía e Xefe do Departamento de Economía e Organización de Empresas do Instituto Torrente Ballester de Pontevedra. Profesor Titor da UNED de Pontevedra. Dende 1997 Secretario da Irmandade de Fillos e Amigos de Padrón e persoa vinculada e implicada activamente no desenvolvemento cultural padronés. A continuación actuación da Banda de Música Municipal de Padrón.
22:00 h. Pola noite gran verbena na Praza de Fondo de Vila, amenizada polas orquestras : GRAN PARADA E MASTER.
22:30 h Na Praza de Macías, actuación do grupo padronés Maldados
22:30 h No Pavillón Polideportivo Municipal, gran velada de boxeo,
24:00 h Na Praza de Macías, actuación do grupo Astarot
Domingo de Pascua, 4 de abril
Pola Mañá:
09:00 h. Inauguración da secular e tradicional Feira Cabalar.
09:00 h. Feira exposición de maquinaria agrícola e industrial.
11:00 h. Dianas e alboradas a cargo do grupo folclórico O Pedrón, que acompañarán aos xigantes e cabezudos polas rúas padronesas.
11:00 h- 14 h Escola Infantil de Monta en Ponis, gratis, para todos os pequenos nun circuíto pechado instalado no Campo da Barca.
11:15 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón.
11:30 h. Pasarrúas a cargo das charangas APELES e SANTIAGUI?O.
12:00 h. Espectáculo Ecuestre ??Soñando a caballo?, na praza de touros instalada no campo da Barca.
14:00 h. Concerto da Banda de Música Municipal de Padrón na Praza de Macías
Pola Tarde-Noite:
17:00 h. Actuación do grupo folclórico Rosalía de Castro na Praza de Macías .
17:00 h. Extraordinaria Corrida de Touros sen picar na praza instalada no campo da Barca, onde se lidiarán 6 novillos touros, 2 para o rexoneador Mario Pérez Langa de Zaragoza e 4 para os Novilleiros: Ricardo Maldonado de Valladolid e Jesús Duque (gran triunfador da Feira de Valencia).
18:30 h. Pasarrúas a cargo das charangas APELES e SANTIAGUI?O.
22:00 h. Verbena na Praza de Fondo de Vila, amenizada polas orquestras COSTA OESTE e CHARLESTON.
Luns de Pascua, 5 de abril (Día de Santiago)
Pola Mañá:
11:30 h. Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas Airiños do Meda, que acompañarán aos xigantes e cabezudos polas rúas padronesas.
12:00 h. Pasarrúas a cargo da Banda de Música Municipal de Padrón.
13:00 h. Recepción da Excma. Corporación do Concello de Santiago. Durante este acto actuarán as Bandas de Música Municipal de Santiago e Municipal de Padrón.
13:30 h. Concerto a cargo da Banda de Música Municipal de Santiago na Praza de Macías.
Pola Tarde-Noite:
17:00 h. Nas diversas prazas da Vila GRAN FESTA INFANTIL, empresa Pekexogo
19:00 h. Pasarrúas a cargo da charanga AIR JALISIA.
19:00 h Na praza de Macías, exhibición de capoeira
20:30 h Na praza de Macías, espectáculo ??Baile de Fuego?
22:00 h. Verbena na Praza de Fondo de Vila, amenizada polas orquestras CINEMA e ATENAS.
Martes de Pascua, 6 de abril (Día de Rianxo)
Pola Mañá:
12:00 h. Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas Airiños do Meda, que acompañarán aos Xigantes e Cabezudos polas rúas padronesas.
Pola Tarde-Noite:
17: 45 h. Recepción da Ilma. Corporación do Concello de Rianxo. Durante este acto actuarán as Bandas de Música Municipal de Padrón e Banda de Rianxo.
19:00 h. Concerto Banda de Rianxo na Praza de Macías
19: 00 h. No Campo Municipal do Souto, encontro de fútbol en disputa do LIIi Trofeo ??Rosalía de Castro? entre os equipos:
CELTA DE VIGO DE VETERANOS E SELECCI?N DE VETERANOS DA COMARCA
20:00 h. Actuación do grupo de Baile e Gaitas Algueirada de Pontecesures.
20:30 h. Pasarrúas a cargo da charanga OS JALACTICOS
22:00 h. Verbena na Praza de Fondo de Vila, amenizada polas orquestras PANORAMA e SINTONIA DE VIGO.
Venres de Pascuilla, 9 de abril
Pola Tarde-Noite:
19:30 h. No claustro do convento do Carme, inauguración do III Premio Internacional de Arte Gráfico ??Jesús Núñez?. Patrocinado polo Excma. Deputación Provincial de A Coruña, que permanerá aberta do 8 ó 24 abril
20:30 h. Pasarrúas a cargo da charanga APELES
22:00 h.- II Festival do Sar: Praza de Macías, actuarán os grupos:
– INTERCOLES
-BLACK SOUL MOTARD
-NOISE PROJECT
-THE FRIENDOWS+ DJ´S: MANDRIL SELECTOR E GRIME SELECTAH
22:00 h Verbena na Praza de Fondo de Vila, amenizada polas orquestras PHILADELPHIA e MIRAMAR
Sábado de Pascuilla, 10 de abril
Pola Mañá:
10:00 h. Raid Hípico Cabalar: ?? GRAN PREMIO DE PASCUA?. Consta de tres probas unha de 46 Km e dúas de 81 Km, con saída e chegada na Área Recreativa do Santiaguiño do Monte.
10:00 h. Torneo de waterpolo Vila de Padrón.
11:30 h. Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas O??Pedrón, que acompañarán aos Xigantes e Cabezudos polas rúas padronesas.
Pola Tarde-Noite:
16:00 h. CICLISMO: XLVIiI. CLÁSICA CICLISMO DE PASCUA. Organizada polo Clube Ciclista Padronés. Chegada prevista para as 19:00 h no campo do Souto.
17:30 h Taller para nenos e adultos de fabricación de instrumentos musicais.
19:30 h. Pasarrúas a cargo da charanga MEKÁNICA
20:00 h. Na Praza de Macías, actuación do grupo folclórico ?? A Arreixeira? de Retén- Iria Flavia
22:00 h. Verbena no paseo do Espolón, amenizada polas orquestras PONTEVEDRA e TEKILA.
24:00 h. Gran exhibición de Lucería a cargo da Pirotecnia López dos Ánxeles-Brion (A Coruña)
Domingo de Pascuilla, 11 de abril
Pola Mañá:
10:30 h. Dianas e alboradas a cargo do grupo de gaitas O??Pedrón, que acompañarán aos Xigantes e Cabezudos polas rúas padronesas.
12:00 h. Fronte ó Xulgado formarase a xuntanza integrada pola Excma. Corporación Municipal, Comisión de Festas e a Irmandade de Amigos e Fillos de Padrón., así como todos os padroneses que o desexen. De seguido, dirixiranse ó Paseo do Espolón, depositarán unha coroa de loureiro diante da estatua de Rosalía de Castro.
Relación de Premiados: Dona Mercedes Barros García, Colaboradora de distintas asociacións. Dona Manuela Cabero Cabero, Coordinadora de Asociacións de Mulleres, Dona Eva Martín Peñalver, amiga de Padrón, residente en Madrid. Don Santiago Aboy Barreiro Padronés xubilado, residente en Almería. Don Ramón Nogueira Gens, Empregado de banca xubilado. Don Santiago M. Valladares López, Selecionador Galego de Fútbol ?? Sala. Don Estanislao Vázquez Rey, empresário padronés. Don José Villamor Calvo, Inxenieiro Industrial e á empresa Aluminios Dopazo, S.L.
De seguido a Corporación e os homenaxeados dirixiranse á Casa do Concello onde se servirá un viño galego a tódolos asistentes.
13:00 h Actuación da Agrupación folclórica O Pedrón na Praza de Macías
Pola Tarde-Noite:
18:00 h. Concerto de Bandas ??Capital do Sar? na Praza de Macías, actuarán:
– Banda de Música Ateneo de Negreira
– Banda de Música Municipal de Padrón
– Banda de Música Cultural de Teo
22:00 h. Verbena na Praza de Fondo de Vila, amenizada polas orquestras LA OCA e TELEVISI?N DE GALICIA.
Educación
Manolo Isorna: «Hai que preparase para un regreso moi forte da heroína».
Apaixonado e coñecedor do que fala, home feito a si mesmo, Isorna demostra que o tempo, tan pouco, dá para moito.
SU FICHA
Nome: Manuel Isorna Folgar
Idade: 41 anos
Profesión: Psicólogo. Técnico do Plan de Prevención de Drogodependencias de Catoira, Dodro, Padrón, Pontecesures, Rois e Valga. Profesor asociado na Universidade de Vigo. director técnico do club de piragüismo As Torres.
Escollo como recuncho de Catoira os muiños porque é un dos puntos máis fermosos para contemplar a marabillosa ría de Arousa. O solpor nun día un pouco claro realmente impresiona.
Con Manuel Isorna un pode estar de acordo ou non. Pero non cabe dúbida de que o seu denodado traballo en tantos eidos distintos atopa o seu alicerce nun amplo coñecemento e nunha formación coidada, forxada en moitas ocasións na experiencia propia. «Como fillo dunha ama de casa que ademais coidaba vacas e dun chofer de autocar o máis normal sería que eu fose tamén condutor», recoñece. Mais unha vontade forte -«servín miles de toneladas de churrasco nas fins de semana»- unida ás oportunidades que ofrece un sistema educativo público e gratuíto nos seus primeiros niveis fixeron posible o que, para el, constitúe a meirande das dificultades sociais: «Mudar de estatus; chegar dunha situación na que os pais apenas saben ler e escribir a dar clase na universidade». Afírmao un home que foi número un da súa promoción e vén de impartir un curso aos técnicos de prevención en drogodependencias da comunidade cántabra.
Manuel asegura ollar con ledicia o vinte o vintetantos por cento que cada mes retén o IRPF da súa nómina. «? fundamental, porque grazas a iso hai persoas que van ter becas e atención médica; temos un sistema sanitario e un ensino que deberiamos valorar máis, niso somos moi desagradecidos, pero estou convencido de que é o que nos mantén como sociedade; senón, comeriámonos uns aos outros».
Son moitos os eidos aos que este psicólogo catoirense dedica o seu tempo. «O grande logro da miña vida (sostén) foi dar cunha gran muller, coa persoa sen a que nada sería posible, e ter unha filla san que vai medrando máis apresa do que me gustaría; iso é o que me permite ter a cabeza no traballo e dedicarlle o tempo libre a elas e ao piragüismo». Aínda que é a súa faciana como técnico do plan de prevención de drogodependencias a que lle ten dado unha meirande proxección pública. Na súa opinión, o traballo na distancia curta, logo de catorce anos patexando concellos e centros educativos, coa súa colaboración e a súa boa disposición, está a desenvolverse bastante ben. «Un éxito fundamental é conseguir que un adolescente prenda un pito aos 16 anos no canto dos 14, ou que colla o hábito de beber aos 18». Pode semellar un logro cativo, mais resulta esencial. «A xente cre que se trata dunha cuestión de vontade ou moralidade, pero non é nada diso. Un adolescente de quince anos está formando a súa rede neuronal e o seu sistema nervioso, se nese proceso se introduce o tabaco, o alcol ou o haxís está xerando neuronas sensibles a esas substancias; iso fai que teña máis posibilidades de desenvolver unha adición e, logo, moitas máis dificultades para deixar o consumo».
Este, afirma Manuel, é o verdadeiro risco de prácticas coma o botellón, case que cotiás nun momento da vida no que os mecanismos de autocontrol aínda non están desenvolvidos. Na súa opinión, a confluencia de prezos moi baixos cunha grande facilidade de acceso e unha baixa percepción do risco constitúe o caldo de cultivo do que agromarán os problemas aditivos non só do futuro, senón tamén do presente. Porque está convencido de que onde as cousas se están a facer moi mal é na macropolítica, nos puntos de toma de decisión. No alto da pirámide. «Non hai un plan definido de drogas neste momento, está todo por facer, vemos que aparecen novas incautacións de heroína e ninguén dá un paso», lamenta Isorna, que a nivel de delincuencia organizada tan pronto sinala ao narcotraficante coma ao político corrupto. «O exemplo que se lle dá á sociedade é que merece a pena ser delincuente, roubar fondos públicos, traficar con cocaína; en dez anos saes e segues tendo os teus millóns».
Sobre a heroína, por certo, ten moi claro que «hai que prepararse para un regreso moi forte, en catro anos». Nos países produtores, Iraq, Afganistán, desestruturados, os combatentes precisan cartos para armas. Anegarán Europa de heroína barata, que competirá coa cocaína. ? cuestión, di, de tempo. Pouco tempo.
LA VOZ DE GALICIA, 27/03/10