Onte sábado, e por sexto ano consecutivo, os que foran alumnos na academia dos mestres Feliciano Touceda e José Fernández Carlés, reuníronse sobre ás 12:30 horas fronte ao edificio onde estivo instalado o local de ensino (R./ San Lois, 52) en cuxa fachada hai unha placa conmemorativa. A comitiva, acompañada polas gaitas do grupo folclórico cesureño Xarandera, dirixiuse á Capela do Pilar en San Xulián, onde oficiou unha misa o crego cesureño Pepe Bande, que tamén foi alumno da academia.
Logo da misa, houbo un xantar de confraternidade no Restaurante A Charca, onde os antigos alumnos (este ano asistiron 34) lembraron os seus anos mozos e as súas experiencias na academia.
Sociedade
Caravana de 2CV por Valga, Padrón y Cesures.
El alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, fue el encargado de dar la bienvenida a los 36 Citroën 2CV que se dieron cita en su muncipio con motivo de la Fiesta de la Anguila y de la Caña del País antes de que partieran con sus 75 ocupantes para visitar lugares como el Xirimbao, Padrón o Pontecesures. La expedición hizo una parada en el Pazo de Lestrove para comer. Juan Carlos Vento, presidente de la Asociación Cultural Amigos del 2CV, dio por finalizada la concentración.
Vida Social Gallega. EL CORREO GALLEGO, 13/09/09
Opinión
Fomento en Padrón.
Entre vacacións e festas populares, Galicia viviu un agosto pletórico onde non faltou o clima coma hai anos que non recordabamos. ¿Será un bo presaxio cara ó próximo Ano Santo 2010? E entre tantos amantes da nosa terra que aquí veñen desfrutar das súas vacacións cómpre salientar a presenza do ministro de Fomento, José Blanco, que aproveitou as invitacións a honras e festexos onde ninguén descoidou a ocasión para interesar o galego do Goberno na capital sobre os problemas (e promesas) que abondan sen resolver.
Non obstante, pouco se adiantou en Padrón, onde o ministro estivo pronunciou o pregón da festa do pemento de Herbón, sobre temas longo tempo pendentes coma a ampliación da estrada N-550 no curto tramo de Padrón ata a ponte interprovincial A Coruña-Pontevedra, onde no lugar padronés precisamente da Ponte levan máis de doce anos esperando as obras a pesar de que a veñciñanza tivo que abandonar os seus fogares ao tempo de que os ditos inmobles en estado ruinoso ofrecen o máis lamentable aspecto nesa zona da ruta nacional .
E asemade tampouco se pode dicir moito das escasas e inconcretas referencias da proxectada desviación da mesma ruta por fóra do centro urbano padronés. Confiemos en que ó incorporarse ó traballo normal tamén se retomen eses antigos proxectos que coma o do tren de proximidades tan sorprendidos nos deixou a ministra anterior do ramo a inefable Magdalena Álvarez.
Por José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 08/09/09
Sociedade
O Goberno autonómico é contrario a desmantelar a rede ferroviaria galega.
A Xunta oponse a calquera plano de desmantelamento da infraestrutura ferroviaria que quedará en desuso pola posta construción do AVE do Eixo Atlántico, e promoverá o seu aproveitamento para o transporte de cercanías a través dun ente ferroviario galego que se creará, entre outros, con ese obxectivo.
Esta é a postura que o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas transmitiu esta tarde aos alcaldes, representantes municipais e da Asociación Amigos do Ferrcarril que acudiron a unha reunión para expoñer as súas propostas.
Agustín Hernández sinalou que o transporte ferroviario de cercanías formará parte esencial da mellora da mobilidade que o Goberno da Xunta acometerá nas cidades galegas e as súas áreas de influencia, polo que cualificou de incuestionable a necesidade de manter as vías actuais.
Transferencias O primeiro paso será negociar co Goberno a transferencia da rede ferroviaria galega que non afecte a outras comunidades autónomas, o que permitirá a explotación de ditas vías polo ente ferroviario autonómico que asumirá a súa xestión.
Desde este organismo promoverase o estudo e posta en práctica de diferentes medidas encamiñadas á mellora da rentabilidade destes servizos.
??Non se trata dun reto a curto prazo -afirmou- pero mentres tanto calquera intento de desmantelar a rede existente contará coa oposición frontal da Xunta, porque é un compromiso de goberno rentabilizar esas infraestruturas para o transporte metropolitano?.
Neste sentido, Agustín Hernández confirmou que as peticións formuladas pola comisión de defensa do tren de cercanías están en sintonía coa postura da Xunta de Galicia, se ben sinalou que é necesario analizalas dentro dunha planificación metropolitana na que o tren ten que coordinarse outros sistemas de transporte.
Amosouse convencidoo responsable galego de que os membros da comisión ??atoparán no Ministerio de Fomento, titular a día de hoxe de todas as infraestruturas viarias galegas, a mesma receptividade e sensibilidade respecto este asunto que na Xunta de Galicia?.
DIARIO DE AROUSA, 13/09/09
Cultura
María do Ceo ofrece un concierto el 27 de septiembre.
La cantante de fados María do Ceo, el próximo 27 de septiembre, un concierto en el Auditorio de Ferreirós. La artista portuguesa, que este verano estuvo de gira por Galicia, pondrá en escena el espectáculo titulado «Cando se pon a lúa», que incluye temas de los ocho discos que tiene en el mercado. La música popular lusa se mezclará con la gallega.
DIARIO DE AROUSA, 12/09/09
Educación
El Auditorio de Ferreirós acogerá una charla de vida saludable.
Será el 25 de septiembre. La conferencia comenzará a las 20 horas y es de entrada llibre libre para todos los vecinos que quieran acudir y estén interesados en el tema. La charla será impartida por expertos de la Asociación Gallega de Enfermos por la Donación de ?rganos (Agedo).
DIARIO DE AROUSA, 12/09/09