A Asociación de Desenvolvemento Rural Ulla-Umia celebrou o pasado xoves en Caldas a asemblea constituínte do Consello Comarcal de Igualdade, «nunha clara aposta pola calidade social da comarca», que estará presidido pola concelleira de Asuntos Sociais, Igualdade e Asociacionismo de Caldas.
Opinión
Enviado: Imaxen da estación do tren
Moito se está a debatir estos días sobre o futuro do tren en Pontecesures, acabo de recibir esta fotografía feita hoxe mesmo que ilustra o uso do tren.

Como se pode ver é un recurso que se emprega máis do que moitos pensamos.
Cultura
Actividades de «A Barcarola» 2007/2008.
Comezaron neste mes de outubro as actividades da Asociación de Amas de Casa «A Barcarola». Son as seguintes:
NO CENTRO SOCIAL:
* Teatro. Luns ás 20 horas.
* Guitarra. Mércores ás 19 horas.
* Canto. Xoves ás 21 horas.
NO CLUB XUVENIL:
* Pintura ó óleo. Mércores ás 19 horas.
* Arte nas túas mans (mimbre, bolilllos, restauración, cerámica, cartón, cristal, estaño). Venres ás 19 horas.
Os interesados/as deben inscribirse na Mercería de Carmen, no propio lugar das actividades ou no Parafarmacia de Mª Dolores Castiñeiras.
Cultura
Santiago Auserón actúa o día 20 no Auditorio de Santiago.
Dentro das actividades «COMPOSTELA CULTURA»:http://www.compostelacultura.org/ de outubro de 2007, está programada a actuación de Santiago Auserón, o sábado día 20 de outubro, ás 21 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela).
O concerto leva o título de «SONS DA DIVERSIDADE»:http://sons.santiagodecompostela.org/, e o que fora lider inesquecible de «Radio Futura», actuará acompañado da «Original Jazz Orquestra Taller de Músics».
Sociedade
Comezo do «catecismo» 2007-2008.
O vindeiro domingo día 14 de outubro comeza o «catecismo» 2007-2007 na igrexa de Pontecesures.
O día anterior, sábado día, 13 ás 17 horas os/as catequistas terán unha xuntanza no salón parroquial (a edificación existente no adro) para programar as actividades.
Educación
Una petición justa.
Las universidades gallegas están por debajo de la financiación media española y pasan estrecheces. La Xunta anterior no les dió los medios que necesitan y la actual, todavía no lo ha hecho. Los rectores exigen más fondos. Una causa justa y crucial. Pocas cosas afectan tanto al futuro de Galicia como formar bien a nuestros profesionales. Es una contradicción hiriente que falte dinero para la universidad en el país que dilapida en el monte Gaiás.
Columna «DE SOL A SOL». LA VOZ DE GALICIA, 07/10/07