O pacto do bipartito non callou no 40% dos concellos aos cen días do 27-M

PSDEG e BNG resígnanse a gobernar en minoría en 29 municipios pola falta de entendemento entre eles.

Quince días despois das municipais do pasado 27 de maio, Touriño e Quintana selaban cun apertón de mans o acordo para trasladar a fórmula do bipartito da Xunta a un centenar de concellos sen maioría absoluta. A extensión dos pactos ao ámbito local tivo as súas luces e sombras, provocando que moitas coalicións só visen a luz despois de tensos e confusos procesos de negociación. Aínda agora, aos cen días da investidura dos alcaldes, a alianza entre o PSOE e o BNG non callou no 40% dos 78 concellos onde o entendemento entre ambas as forzas era suficiente para gobernar sen sobresaltos.

(más…)

A Asociación de Veciños de San Xulián asume os gastos da celebración relixiosa do día da Virxe do Pilar

Como en anos anteriores, esta asociación acordou asumir os gastos dos actos relixiosos que ocasiones a conmemoración do día da Virxe do Pilar a celebrar na Capela de San Xulián (misa, coro, procesión, piroctenia e pasarrúas). A Xunta Executiva xa fixo un chamamento para que os asociados que queiran contribuir a sufragar estes gastos, entreguen o seu donativo a calquera dos membros desa directiva.

Anunciase ademáis que haberá misas con novena na Capela de San Xulián dende o día 3 ata o día 11 de outubro, ámbolos dous días inclusive, e sempre ás 19 horas. Serán oficiadas polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría.
O día 12 (Día do Pilar) a Misa Solemne será ás 12 horas.

XXIV Campionato de truco «San Roque da Ponte»

Celebrarase o vindeiro día 6 de outubro no Centro Social da Ponte ás 22 horas.

A cota de inscrición fixouse en 30 ? por parella, e os premios serán os seguintes:

# 500 ? máis trofeo.
# 250 ? maís trofeo.
# 150 ? máis trofeo.

Para inscribirse estes son os teléfonos:

* 647-281888 (Alvaro)
* 686-975415 (Julián)

O sorteo realizarase no Centro Social media hora antes do comezo do torneo e a contía dos premios pode variarse en función do número de parellas.

Evento patrocinado por XANELA, Arquitectura en aluminio.

La tesis de la hipocresía o de la rectificación.

El BNG tiende las manos a sus bases sindicales, iracundas por la aprobación del plus vitalicio a los funcionarios que desempeñen dos años un alto cargo. Después de aprobar en el Parlamento con el PSOE la disposición de la reforma de la Función Pública que contempla el plus (propuesta por un PP silencioso), el BNG se echa atrás para evitar el desgaste de una de las medidas más impopulares y peor explicadas del bipartito. Se utilizan dos tesis para razonar el giro del Bloque: un acto de hipocresía o la sabiduría de rectificar los errores. Los dos supuestos son oportunistas.

Artículo de Lois Blanco, LA VOZ DE GALICIA, 23/09/07