I Concurso Fotográfico Festas de Porto

Dende pontecesures.net organízase o I Concurso Fotográfico sobre as festas de porto 

O que se pretende é animar a todas aquelas persoas que queiran participar envien as 3 mellores fotos que saquen durante calquera da actividades do cartel das festas de Porto entre os dias mercores 23 ata o venres 25.

Premiaranse as 3 mellores fotos elexidas por decisión dun xurado composto pola comisión de Festas ademáis de varios xornalistas.

O premio consistirá nunha cea para os 3 gañadores (donada polo bar choco) así como un recoñecemento público dos traballos gañadores e algunha sorpresa mais a cargo da organización do concurso.

Para elo envía as túas fotos, cun tamaño máximo recomendado de 500 kbs, ó seguinte correo electrónico: redaccion@pontecesures.net

Ademais identificate con nomes e apelidos así como un seudónimo que será o que se vexa público. Indicando a data e o momento en que sacaches a foto e un teléfono de contacto.

Organiza:

www.pontecesures.net

Colaboran:  

Asociación Cultural San Roque de Porto
Bar Choco
Radio Valga, a radio da túa comarca.

A normas do concurso poderalas ver aquí: Bases do Concurso

Días movidos para a A. C. Xarandeira

A Asociación Cultural Xarandeira ven de pasar uns días ben intensos. Comezando os días 5 e 6 de agosto cunha actuación en Astorga. O día 13 participaron nun fabuloso Festival Internacional de Folclore en Santa Marta de Portuzelo (Portugal), volvendo para poderen actuar en Caldas de Reis ó día seguinte.

(más…)

La ANPA de Infesta, preocupada por el retraso de las obras en el colegio

El presidente de la asociación de padres de alumnos del colegio de Infesta (ANPA), Luis Ángel Sabariz, remitió un escrito al delegado provincial de la Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en el que le hace constar la preocupación existente en el colectivo por el retraso de las obras que estaba previsto acometer en las instalaciones escolares, concretamente la colocación de una nueva cubierta en el edificio de Educación Secundaria.
(más…)

Programas das Festas de Porto 2006

img-tit-festas-de-porto.gif

p(subtitular). SÁBADO 19 DE AGOSTO

p(leyenda). 19,30 horas

p(sangrado). Partido de fútbol no campo Ramón Diéguez entre solteiros e casados. Este ano como gran novidade tamén haberá partido de solteiras contra casadas antes ou despois do encontro dos homes

p(subtitular). LUNS 21, MARTES 22 E XOVES 24 DE AGOSTO

p(sangrado). Terán lugar no campo de fútbol Ramón Diéguez os partidos do campionato de fútbol para alevíns e infantís.

p(subtitular). MARTES 22 DE AGOSTO

p(leyenda). 22,00 horas

p(sangrado). Dentro do programa de festas o «cine ó aire libre», na praza dos Valeiros, Proxección da película «Os 4 Fantásticos«.

p(subtitular). M?RCORES 23 DE AGOSTO

p(leyenda). 17,30 horas.

p(sangrado). Na praza dos Valeiros Gran expectáculo de animación infantil a cargo do Show dos Paiasos,

p(leyenda). 20,00 horas

p(sangrado). Regata de Dragóns no peirao de Pontecesures. Despois dalgúns anos vóltase a celebrar esta tradicional regata.

p(subtitular). XOVES 24 DE AGOSTO

p(leyenda). Pola mañá

p(sangrado). Disparo de foguetes anunciando a festa.

p(leyenda). A partir das 19.00 horas

p(sangrado). A Charanga Apeles percorrerá as rúas de Porto e as rúas principais de Pontecesures animando e invitando ós veciños a sumarse á festa. Estarán connosco mentras queden mexilóns por comer.

p(leyenda). 20,30 horas e despois da misa

p(sangrado). Trasladarase a imaxe de San Roque dende a Igrexa Parroquial ata Porto (casa de Vieites)acompañado polo grupo Algueirada da ANPA do CPI Infesta.

p(leyenda). 21,00 horas

p(sangrado). Actuación do grupo folclórico Algueirada na rúa dos Namorados.

p(leyenda). 22,00 horas

p(sangrado). Terá lugar na praza dos Valeiros a XVIII edición da GRAN MEXILLONADA. Amenizada pola Charanga Apeles.

p(leyenda). Despois da degustación

p(sangrado). Gran verbena coas orquestras COLORES ESPECTÁCULO e S.L. AM?RICA.

p(subtitular). VENRES 25 DE AGOSTO

p(leyenda). 10,00 horas

p(sangrado). Disparo de foguetes e pasarrúas pola Banda Cultural de Arcade patrocinada polo concello de Pontecesures e pola Deputación Provincial de Pontevedra.

p(leyenda). 12,00 horas

p(sangrado). Sairá da praza dos Valeiros a procesión de San Roque ata a Igrexa Parroquial.

p(leyenda). 12,30 horas

p(sangrado). Misa Solemne cantada polo grupo Barcarola de Pontecesures.

p(leyenda). 13,30 horas

p(sangrado). Poxa de ramos na praza dos Valeiros.

p(leyenda). 20,00 horas

p(sangrado). Gran concerto na praza dos Valeiros da Banda Cultural de Arcade.

p(leyenda). 22,00 horas

p(sangrado). Gran verbena coa actuación das orquestras PANORAMA e GRAN PARADA.

p(titular). Tódolos actos son organizados pola Asociación Cultural San Roque de Porto.