Benjamín Ramos e Elite Electricidad comparten o liderato na competición de fútbol veterán de Valga.

A segunda xornada do Campionato de Fútbol 7 de Veteráns de Valga despexou o múltiple empate na cabeza da clasificación que deixara a xornada inaugural, limitando o coliderato a dous equipos: o JLL/Benjamín Ramos e o Elite Electricidad.
O primeiro sumou a súa segunda victoria da tempada a costa da Palmeira, 2-0, mentres que o seu compañeiro no alto da táboa ligueira lle endosou un 3-1 ao Extrugasa.
Os outros marcadores da tempada foron: A Cacharela/Karymo P. 2-1 Cafetería Sol y Mar; A Casa Vella 0-1 Bar Muelle; Valdeza/Bar Juan 3-2 Desigual; e Transportes Veiga/Bar O Belén 0-0 A Redonda. O Joyería Riveiro exerceu de mesa.
Tras os dous colíderes sitúase terceiro na clasificación o A Cacharela, con 4 puntos. Con 3 figuran o Caf. Sol y Mar, Extrugasa, Valdeza e Bar Muelle. O Transportes Veiga é oitavo con 2 puntos, precedendo a A Redonda, Desigual e A Palmeira, cun. O Joyería Riveiro, cun partido menos como o A Redonda, inda non sabe o que é puntuar. Unha situación que comparte co A Casa Vella.
A terceira xornada ofrece estes partidos: Sol y Mar-JLL; A Palmeira-A Casa Vella; Desigual-A Cacharela; Bar Muelle-E. Electricidad; A Redonda-Valdeza; e Extrugasa-Joyería Riveiro.

LA VOZ DE GALICIA, 26/11/09

O Benjamín Ramos, primeiro líder da Liga de Valga.

Benjamín Ramos é o primeiro líder da Liga de Fútbol-7 de Veteráns de Valga, mercede á súa aplastante victoria sobre o Bar Muelle por 0-7.
O Cafetería Sol y Mar asinou a outra goleada da xornada inaugural e sitúase segundo logo de marcarlle un 6-1 ao Valdeza/Bar Juan.
Completan os marcadores da xornada: A Palmeira 1-1 A Cacharela/Karymo P.; Extrugasa 2-1 A Casa Vella; Desigual 1-1 Transportes Veiga/Bar O Belén; e Elite Electricidad 1-0 Joyería Riveiro. O A Redonda foi o primeiro equipo en descansar, nun campionato que conta con trece conxuntos participantes.

LA VOZ DE GALICIA, 19/11/09

O Cacharela gaña a penaltis o Memorial Polo.

O Memorial Polo e Rogelio Vigo rematou o pasado domingo coa victoria na final do A Cacharela/Karymo Peluqueros. O campión impúxose na tanda de penaltis ao Cafetería Sol y Mar, logo de completarse o tempo regulamentado con empate a un tanto. A Redonda, pola súa banda, impúxose na final de consolación ao Desigual por 1 gol a 2.
Con este desenlace pechouse a pretempada do Campionato de Fútbito de Veteráns de Valga, que este domingo pon en marcha a trixésimo primeira edición da súa Liga, cos seguintes enfrontamentos: A Palmeira-A Cacharela/Karymo; Bar Muelle-Benjamín Ramos; Cafetería Sol y Mar-Valdeza/Bar Juan; Extrugasa-A Casa Vella; Desigual-Transportes Veiga/Bar O Belén; e Elite Electricidad-Joyería Riveiro.

LA VOZ DE GALICIA, 12/11/09

Decididos los finalistas del memorial Polo y Rogelio Vigo de futbito en Valga.

El pasado fin de semana se disputaron las semifinales del memorial Polo y Rogelio Vigo de futbito de veteranos de Valga y ambas se decidieron en la tanda de penaltis. En la primera de ellas, el Desigual se impuso al Cafetería Sol y Mar (2-1) y en la segunda fue el Cacharela Karimo el conjunto clasificado tras imponerse al A Redonda (0-3). El partido por el tercer y cuarto se disputará este domingo a partir de las 10.30 y una hora más tarde dará comienzo la gran final de la competición.
Al margen de los partidos que decidían los conjuntos que se clasificaban para la gran final de la competición, el pasado domingo se disputaron también varios encuentros amistosos que tuvieron los siguientes resultados: Bar Muelle 0-Joyería Riveiro 3, Elite Electricidad 3-Valdeza / Bar Juan 2, A Casa Vella 3-Extrugasa 1 y A Palmeira 4-J.L.L. Benjamín Ramos 7.

LA VOZ DE GALICIA, 06/11/09

Entrevista con O Leo i Arremecághona que actúa o sábado 31 no pub Taboga.

«VESTIRSE DE PALLASO ? UNHA FORMA DE RIRSE DUN MESMO»

«Son único cantautor do mundo que se separou de si mesmo », asevera O Leo i Arremecághona!!! Así o demostrará o vindeiro sábado, cando ofreza unha esperadísima actuación en Pontecesures. Non por nada é un dos ‘showman’ máis queridos, xa que leva máis de 10 anos poñendo en escena os seus espectáculos cheos de irreverencia, reivindicación filolóxica e un especie de travestismo paródico que non deixa títere con cabeza. ‘A maldiçión dos ghusanitos’ ou ‘Suspiros de kaña’ son dous dos seus clásicos, como di a frase, de ‘ayer, hoy y siempre’.

Xa hai que non se vía ó Leo pola beira do Ulla. Si, volvemos a Cesures despois de tocar na Casa Vella de Campaña e no festival Artenativa. Estivo aí a xente facendo presión e veño tamén co dj Arturo B, que ademais é compañeiro e ‘amigho’.

Cando di «volvemos» é porque non vén vostede só…

Vai ser a primeira vez que leve por esta zona o espectáculo novo, Todos metidos nun bote tour. Son o primeiro cantautor do mundo que se separou de si mesmo e agora somos catro: un cantautor da transición na liña comunista-independentista dos 70; o espectáculo novo do Leo, que se titula ‘A neurona na patineta’; o seu irmán xemelgo descoñecido, En-Riquinho, que, como era ‘pijo’, estivo pechado no faiado ata os 33 anos, e o fillo do Leo, un rapeiro que é unha crew el só.

Non van caber no Taboga!

Bueno, desta vez só imos O Leo e o En-Riquinho, que é un trasunto de Iván Ferreiro. ? unha parodia do pop, unha enmenda á totalidade do pop. Aí queda iso. Vai cambiar o punk polo pop? A música é de base pop, pero as letras teñen moi mala ostia agochada. O motor é a parodia, pero cunha base pop máis asumible para o público.

E con que sorprenderá O Leo?

O novo espectáculo do Leo é minimalista, con temas de menos dun minuto. Todas as cancións son do poemario que publiquei, ‘Hai cu’. Se tes algo que dicir, dío rápido. ? a máxima do punk. Por iso improviso a música do momento. Este novo espectáculo é máis punk. Así que mira que falso é Gusiluz.

Ten dúas caras! Pero, traxe de galega ou de faralaes?

O novo espectáculo é máis punk. Cando empecei con el tentei vestirme de rúa, pero non puiden evitalo e ó final vou un pouco de pallaso. Un pouco como Jonhy Rotten, dos Sex Pistols, en Paredes de Coura. ? unha forma de rirse dun mesmo. En canto ó En- Riquinho, vai vestido de marca, pero de marca moi sui generis, con pantalón de Citroën, gorra de Piensos Biona, camiseta tamén de propaganda…

E que foi dos clásicos? Non van a parecer por Cesures?

Si! Abrirá O Leo, logo seguirá En-Riquinho e pecharán os clásicos de sempre, como ‘A maldiçión dos ghusanitos’ ou ‘Suspiros de kaña’. O fin de festa será con Lolita de Coristanco, co traxe de faralaes. O novo espectáculo é máis punk.

Leoi
Fotografía: Diario de Pontevedra

DIARIO DE PONTEVEDRA, 28/10/09

Morreu «Jose María o de Cordal».

Aos 83 anos de idade, morreu hoxe o veciño da Toxa nº 25, José Eduardo Piñeiro Figueiras.
O velorio esta instalado no tanatorio Iria Flavía de Padrón. Mañá luns, día 21 de setembro, ás 18:00 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures. Logo o cadáver recibirá sepultura no Cemiterio Municipal de Condide.
«José María», sogro de Genaro o da taberna Casa Vella de Campaña, foi moitos anos porteiro do histórico cine de Horacio (o Cine Colón) en San Lois.
Descanse en paz.