En principio, normalidade na noite de fin de ano en Pontecesures.

Segundo os datos que se están a coñecer non houbo incidentes salientables na noite de fin de ano en Pontecesures. Tan só dicir, que nalgunha zona de Porto, non funcionaba o alumeado público esta madrugada. Poidera ser que alguén desactivara interruptores nos cadros na típica gamberrada, ou que houbera unha avaría.

Por outra banda, en Chanteclair esgotáronse as entradas en moitos momentos da noite (ían vendéndose entradas a xente que chegaba en función dos que abandonaban a sala). Foron despachadas unhas 4.800 entrada en total, segundo fontes da empresa.

Información sobre os autobuses de Chanteclair.

Os sábados saen autobuses de Santiago (ás 20;45 horas saen de Área Central e paran logo no Pilar e no Milladoiro), A Estrada (ás 20:30 horas, e paran logo en Cuntis e San Clemente), Ribeira (saen ás 20:30 horas, e paran logo en A Pobra e Boiro) e Negreira (saen ás 20:30 horas e paran logo en Bertamiráns e nos Anxos-Brión). Os autobuses destas catro liñas saen de volta de Chanteclair ás 3:00 da madrugada.
Os domingos, estes autobuses saen todos ás 17:30 horas e regresan da sala ás 23:30 horas. A maiores o domingo hai unha quinta liña que sae de Rianxo, parando en varios lugares deste municipio.
Despois de Reis vanse incorporar novas liñas dende Pontevedra, Vilagarcía e Cambados.
O día de fin de ano, non haberá autobuses.