David Meca fará o Camiño de Santiago a nado dende Vilagarcía ata Cesures

DM

David Meca amosa o camiño que vai a facer a nado no acto de presentación do desafío.

O Campión do Mundo de Natación e experto en desafíos case imposibles, David Meca, presentou onte en Madrid o Reto Xacobeo 2010, que previsiblemente realizará o vindeiro martes 5 de xaneiro e durante o que se converterá no primeiro peregrino en realizar o Camiño de Santiago a Nado. Durante a rolda de prensa, David Meca, acompañado polo director-xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos Cidrás, e o delegado da Xunta de Galicia en Madrid, José Ramón �nega, explicou todos os detalles da que será unha travesía de grande espectacularidade e enorme simbolismo, xa que permitirá rememorar a Ruta Marítimo-Fluvial do Camiño de Santiago, percorrendo parte da Ría de Arousa e remontando o Río Ulla.

(más…)

Un experto en grandes travesías.

David Meca é un grande experto en grandes travesías a nado. Uniu Gomera e Tenerife, posteriormente Tenerife e Gran Canaria. No ano 2006 uniu o territorio peninsular coas Illas Baleares, dende Javea a Eibissa. Ademais, é o único nadador na historia que por dúas veces consecutivas bixou de oito horas na trevasía ao Canle da Mancha, sendo as súas marcas a segunda e terceira mellores de todos os tempos. No seu último desafío, en xulio de 2008, conseguiu un dobre récord do mundo durante a mesma travesía ao converterse no primeiro home en cruzar por tres veces consecutivas o Estreito de Xibraltar e bater a marca no cruzamento de ida e volta en tan só 7 horas e 18 minutos.

DIARIO DE AROUSA, 03/01/09

Desafíos del Xacobeo.

El conocido deportista David Meca, famoso en todo el mundo por sus desafíos, a cada cual más complicado, ya tiene otro reto en mente y no es otro que ganar el Jubileo en el Año Santo que acaba de comenzar. Pero no lo hará de modo convencional, sino que tratará de remontar el Ulla desde Vilagracía hasta Pontecesures a nado, toda una proeza que nadie a hecho hasta el momento, por lo que podría pasar a la historia por convertirse en el primer peregrino que culmina el remonte a nado. Todo ello contribuirá apromocionar el Xacobeo a nivel internacional e, indirectamente, también la Ría de Arousa y la Ruta Xacobea, con todos los beneficios que ello puede reportar a la comarca.

Editorial del DIARIO DE AROUSA. 03/01/10

Barállase a posibilidade de que David Meca tente percorrer a nado a ruta do Apóstolo dende Fisterra ata Padrón.

Onte en Perbes, coa presenza deste nadador de fondo e protagonista do programa «Mira quién baila» que cruzou o Canle da Mancha, chegou a illa de Alcatraz a nado coas pernas suxeitas, fixo a travesía polo mediterráneo ata Eibissa, etc.., o productor Besteiro ofreceulle a Meca o reto de percorrer a nado a distancia entre Fisterra e Padrón, segundo se informa hoxe en «El Correo Gallego».

De confirmarse esta nova, sería un espectáculo ver chegar ó nadador tragamillas polo río Ulla ata a Cesures e a Ponte. Habería moitísimo público, seguro.