Entrevista a Luís A. Sabariz en Radio Valga

Hoxe venres 24 de abril ás 18:00 horas o concelleiro Luís Angel Sabariz estará no programa de radio: «entrevista para sentencia» que conduce Héctor Bermúdez en Radio Valga.

Tras a entrevista abrirase, sobre as 18:30 un espacio para as preguntas dos ointes onde se poderán plantexar ó entrevistado aquelas cuestións de interés que consideren os veciños e ointes de Radio Valga.

Festival de Bandas de Padrón.

En la capital del Sar, y bajo la carpa instalada en la plaza de Ramón Tojo, revitalizada este año por el Concello para devolverle la primacía que antaño tenía este escenario, se celebró el I Festival de Bandas Capital do Sar. Este certamen, organizado por la Banda de Música Municipal de Padrón, que se estrenó en los festejos pascueiros, congregó a numeroso público. Entre las formaciones invitadas se encontraban la Banda de Música Xuvenil de Barro, dirigida por Alejandro Cimadevila Louzao, y la Banda de Música Municipal de Valga. Cerró el festival, la agrupación anfitriona dirigida por Braulio Cao Ledo. La presentación del certamen corrió a cargo de la locutora de Radio Valga, Lidia Gallas.

TIERRAS DE SANTIAGO, 21/04/09

ESTE MARTES 7 DE ABRIL,ESTARÁN O ALCALDE E O TENENTE-ALCADE DO CONCELLO DE PADRON EN PALCO DE ESTRELAS-RADIO VALGA

Mañá martes 7 de abril,o programa «Palco de Estrelas» de Radio Valga, dirixido e presentado por Daniel Seijas Llerena, adianta un días a súa emisión esta semana. Dado que o xoves é festivo e o mercores en Radio Valga ,a noitiña ,hai unha importante retransmisión deportiva narrada en directo dende Vilagarcia por Héctor Bermudez,onde xoga o equipo de Balocesto feminino do Extrugasa,decidiuse adiantar a mañá martes a emisión do programa «Palco de Estrelas». Desta vez contarase nos estudios centrais de Radio Valga,sobre as 21.35h., da presencia en directo do alcalde de Padrón, Don Camilio Forjan Seoane e do Tenente-Alcalde e concelleiro de Cultura,Don Eloy Rodriguez Carbía, para falarnos da programación das festas da Pascua 2009. Ademais,nos xa case 10 anos de historia da emisora valguesa, é a primeira vez que uns dirixentes do goberno municipal de Padrón acuden a unha entrevista en directo a propia emisora.

A ALCADESA E O CONCELLEIRO DE FESTAS-CULTURA DE PONTECESURES,ESTE XOVES 2 EN PALCO DE DE ESTRELAS-RADIO VALGA

Este xoves día 2 de abril,sobre as 21.35 h.,no programa de festas e orquestras «Palco de Estrelas» presentado por Daniel Seijas Llerena ,que se emite en radio Valga 107.4 FM, acudirán a alcaldesa de Pontecesures, Dona Isabel Castro Barreiro e concelleiro de Cultura e Festas Don Jesús Rey Beiró,para falar e presentar os actos relacionados coa Festa da Lamprea e a V Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión,que terán lugar en Pontecesures os días 4 e 5 de abril.

O cesureño Daniel Seijas entre os candidatos aos premios «Arousán do Ano».

Os membros do xurado dos premios Arousán do Ano nas diferentes categorías tiveron que ananlizar un total de 50 candidatos finalistas propostos polos letores de Diario de Arousa a través dos cupóns remitidos á redacción central do xornal. Un xurado composto por sete persoas representativas do mundo da cultura, da sociedade e do deporte arousán analizaron os sobrados méritos de cada un deles nunha xuntanza celebrada no Restaurante Cordal de Vilagarcía.
O polifacético cesureño Daniel Seijas Llerena, autor de numerosos artículos sobre a historia da bisbarra. locutor de Radio Valga e director dun programa xa clásico sobre o mundo das orquestras galegas, e un dos aspirantes a algún premio.
O nome dos premiados será dado a coñecer está noite na cerimonia de entrega dos galardóns que terá lugar hoxe no Auditorio Municipal de Vilagarcía, ás 20:00 horas. Presentarán a gala o actor Tacho González e a xornalista Teté Rocamonde.