No día de onte faleceu o párroco de Rois D. Isaac Fernández Prieto, de 73 anos de idade.
Ademáis da parroquia de San Mamede de Rois, levaba tamén D. Isaac a parroquia de San Xoan de Buxán (tamén no municipio de Rois).
As 17 horas sairá a comitiva fúnebre dende o tanatorio Iria Flavia de Padrón ata a Igrexa de San Mamede en Rois onde se celebrará o funeral para darlle logo sepultura no camposanto parroquial.